Henry-François Becque naceu en París o 18 de abril 1837 e morreu en París o 12 de maio de 1899Pierre Martino, Le naturalisme français (1870-1895), 1965, foi un dramaturgo francés, coñecido sobre todo por unha comedia La Parisienne e un drama realista, Les Corbeaux. Traxectoria Becque realizou numerosos oficios antes de se dedicar ó teatro, foi oficinista na Chemin de Fer du Nord, na chancelería da Légion d'honneur e como axente de bolsa. A súa primeira obra foi un libreto de ópera, Sardanapale, en 1867, que non era máis ca un remedo de Sardanapale de Lord Byron, ó que lle puxo música Victorin de Joncières, a obra presentouse no Théâtre Lyrique cun certo éxito.
Becque volve a súa mirada cara ó vodevil con L'Enfant prodigue (1868), mais muda totalmente de estilo co drama social, Michel Pauper en 1870. L'Enlèvement, estreada no ano seguinte, é unha comedia cetrada ma vida das empregadas domésticas de provincias.
En 1878 volve cunha comedia nun acto, La Navette, seguida de Les Honnêtes Femmes, en 1880, e deseguido as súas dúas mellores obras Les Corbeaux en 1882 e La Parisienne en 1885.
Publicou tamén poesía (Sonnets mélancoliques, 1887) e as súas memorias 1895, tituladas Souvenirs d'un auteur dramatique. Deixou unha peza inacabada, Les Polichinelles.
miniatura|dereita|Terracota de Rodin (1886) Notas
Bibliografía Fritz Du Bois, Henry Becque, l'homme, le critique, l'auteur dramatique, A. Dupret, París, 1888. Ambroise Got, Henry Becque, sa vie et son œuvre, Crès, París, 1920. Edmond Sée, Henry Becque, ou Servitude et grandeur dramatiques, V. Rasmussen, París, 1926 Aleksandar Arnautović, Henry Becque, Presses universitaires de France, París, 3 volumes, 1927. Maurice Descotes, Henry Becque et son théâtre, Minard, Lettres modernes, París, 1962.
Becque