A praia do Matadoiro, antigamente chamada Berbiriana ou Birbiriana , é unha pequena praia urbana da Coruña situada ó norte da praia do Orzán. Dispón de aseos, duchas, aparcadoiro, servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios.

É habitual a práctica do surf, bodyboard e longboard cando as condicións meteorolóxicas son as adecuadas, marea baixa e vento do suroeste ou nordés. Celébrase un campionato anual de longboard, o Matadero Longboard Festival, de participación nacional e internacional.

Nesta praia está prohibida a entrada de animais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Matadoiro Categoría:Bandeira Azul