miniatura|A Cidade da Cultura en 2009. A Cidade da Cultura de Galicia (CDC) é un complexo arquitectónico que se atopa no monte Gaiás, na cidade de Santiago de Compostela, pertencente á Xunta de Galicia. As funcións dos edificios son múltiples, dende a Biblioteca e Arquivo de Galicia ou o Museo Centro Gaiás que se adican á difusión, conservación e investigación cultural, a edificios como o CINC ou o CEM, centrados na tecnoloxía e o emprendemento empresarial. Ten tamén unha extensa rede de áreas verdes para practicar deporte e pasar tempo de lecer.
No eido da cultura, a súa programación incluíu nestes anos exposicións, concertos, teatro e todo tipo de charlas e encontros con artistas e divulgadores culturais.
Na actualidade, o complexo está rematado e en funcionamento. O complexo foi construído por Copasa e Necso (Acciona), San José con Dragados (ACS), e FCC."La empresa que colocó las piedras del Gaiás se desvincula ahora de la obra". La Voz de Galicia. O seu orzamento era de 108 millóns de euros, mais a súa construción custou uns 300 millóns de euros, polo tanto o custo total tería sido duns 500 millóns se fose rematado seguindo o plan orixinal do seu arquitecto, Peter Eisenman."La Xunta tasa el Gaiás en 80 millones menos de lo que costó a los gallegos". La Voz de Galicia.La Cidade da Cultura, un despilfarro de casi 500 millones Diario de León.
Arquitectura miniatura|A Cidade da Cultura na paisaxe. miniatura|Corredor dun dos edificios da Cidade da Cultura.
Concurso O proxecto de construción da Cidade da Cultura de Galicia naceu no ano 1999 cando a Xunta de Galicia convocou un concurso internacional para escoller o proxecto que rexería a súa construción no monte Gaiás. É a propia Xunta quen convida a Ricardo Boffil, Peter Eisenman, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steven Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Santiago Calatrava, Dominique Perrault e César Portela. Aínda que Santiago Calatrava e o seu estudio finalmente non van tomar parte no concurso.
Unha vez avaliadas tódalas propostas, elixiuse o proxecto do grupo Eisenman Architects, atendendo, segundo o fallo do concurso, "A súa singularidade tanto conceptual como plástica, e súa excepcional sintonía co lugar".
O arquitecto Peter Eisenman (Newark, Nova Jersey, 1932) é un prestixioso arquitecto estadounidense membro do grupo Five Architects de Nova York. Licenciado en Arquitectura pola Universidade Cornell, Eisenman é doutor en Filosofía pola Universidade de Cambridge e en Belas Artes pola Universidade de Chicago. Impartiu docencia nalgunhas das universidades máis prestixiosas do mundo, como Harvard, Cambridge, Princeton, Yale e Ohio. En 1980 estableceu un estudio de arquitectura de seu na cidade de Nova York.
Proxecto Cidade da Cultura é un complexo englobado dentro da arquitectura deconstrutivista. Deseñado a partir da mestura de diferentes ideas por parte de Peter Eisenman.
A idea fundamental é a idea da montaña. Os edificios están situados na parte máis alta do monte Gaiás e compórtanse como unha cima artificial para unha montaña natural. Ademais, non só imitan as formas da montaña senón que se funden coa propia orografía do terreo relacionando o edificio coas teses do land Art e tamén coa obra do italiano Alberto Burri no Cretto de Gibellina en Sicilia.
Están presentes tamén en todos os edificios a superposición de tramas ou grellas, algo que vai a ser común na obra de Peter Eisenman como se pode ver no seu Memorial os Xudeus Asasinados en Europa de Berlín, onde traballa sobre a mesma idea. As grellas están presentes en todos os elementos arquitectónicos do complexo, nos pavimentos, nos muros e incluso nas superficies acristaladas.
Eisenman réndelle tributo á cidade histórica de Santiago superpoñendo a súa trama urbana sobre o monte Gaiás e estabelecendo paralelismos entre elas. No deseño orixinal, incluíu unha referencia xacobea dándolle a todo o complexo unha forma semellante á dunha cuncha de vieira, pero as diferentes modificacións que sufriu o proxecto fixeron que hoxe non se poida apreciar.
O arquitecto parte destas ideas para artellar os volumes do complexo e posteriormente preocúpase de asignarlle unha función específica a cada un deles. Peter Eisenman recolle no seu libro Codex, publicado en 2005, todo o seu discurso teórico en torno ó deseño da Cidade da Cultura.
Obras e redefinición As obras de construción do complexo comezaron no ano 2001, dous anos despois da convocatoria do concurso, cun presuposto inicial de 108 millóns de euros.Público, 7 de novembro do 2007. Nun primeiro momento a Cidade da Cultura estivo formada por seis edificios (Biblioteca, Hemeroteca, Teatro da Música, Museo da Historia de Galicia, Novas Tecnoloxías e Servizos Centrais). O tamaño das obras, o desfase entre o custo real e o presupostado e a tardanza na execución das obras espertaron movementos de oposición a este proxecto, que era cualificado de faraónico por organizacións cidadás e profesionais.El colegio de arquitectos critica la Cidade da Cultura y la compara con un centro comercial. La Voz de Galicia.
Tralo cambio de goberno na Xunta de Galicia, en agosto do ano 2005 a nova Consellería de Cultura e Deporte decidiu redefinir o proxecto co fin de darlle un xiro ao uso dos edificios que beneficiase ao conxunto global do proxecto de Eisenman. O 26 de decembro de 2006 presentouse no Parlamento Galego o novo proxecto de usos da Cidade da Cultura.
Cando se presentou o proxecto de redefinición, parte das obras da Cidade da Cultura xa estaban nunha fase avanzada da súa execución: o edificio da hemeroteca atopábase practicamente rematado, o da biblioteca na metade da súa construción e o Museo da Historia de Galicia nun terzo construído. O traballo de redefinición do proxecto concentrouse, logo da presentación da redefinición, nos usos e contidos dos edificios do Teatro da Música e o Edificio de Novas Tecnoloxías, aínda en fase inicial de construción. Así, no mes de xaneiro de 2006, a Consellería de Cultura e Deporte anunciou a suspensión das obras do Teatro da Música e do edificio das Novas Tecnoloxías por un período de catorce meses. Neste tempo a Consellería contactou con sectores vencellados coa cultura de Galicia para levaren a cabo a redefinición estrutural destes edificios, entre outros co Consello da Cultura Galega e co Museo do Pobo Galego.
Tras a toma de posesión do goberno bipartito o parlamento galego constituíu unha comisión de investigación para esclarecer a xestión do anterior goberno. Dita comisión emitiu as súas conclusións en decembro do 2007, propoñendo enviar o seu ditame ao ministerio fiscal.El País, 11 de decembro do 2007 A loita política chegou ata os tribunais, ao presentar a CIG unha denuncia contra altos cargos do goberno anterior polas presuntas irregularidades cometidas na xestión da Cidade da Cultura, e que finalmente foi arquivada.Archivan el caso de la Cidade da Cultura al no encontrar indicios de delito penal. Xornal.com
O custo final do proxecto foi de 475.9 millóns de euros, máis de catro veces o orzamento inicial.El coste final de la Cidade da Cultura será de 475,9 millones El País.
As obras de construción da Cidade da Cultura foron obxecto de atención do programa Extreme Engineering, emitido en Discovery Channel, que se centra en presentar proxectos arquitectónicos e de enxeñería caracterizados polo seu tamaño ou dificultade excepcionais."Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela", no programa Megaconstrucciones de Discovery Channel .
Edificios e funcións miniatura|Biblioteca de Galicia. miniatura|Instalacións do Arquivo. O complexo do Gaiás ocupa unha superficie de 141.800 metros cadrados. Consta dos seguintes edificios: Biblioteca de Galicia e Arquivo de Galicia: as dúas institucións comparten o edificio que ten 15.702 m² útiles. A biblioteca ten como obxectivo ser a cabeceira do sistema de bibliotecas galegas, representando o sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. Pola súa banda o arquivo é o centro de referencia do sistema galego de arquivos e ten como misión a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos que, polo seu valor, necesiten ser conservados. Támén contén delegacións de entidades como o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia. Ten un espazo expositivo e un auditorio de pequenas dimensións bautizado Neira Vilas en homenaxe ó escritor de Vila de Cruces. O edificio foi inaugurado polo Príncipe de Asturias, Filipe de Borbón, xunto co CEM, o 11 de xaneiro de 2011. Centro de Emprendemento (CEM): é un edificio adicado fundamentalmente ó emprendemento dos sectores cultural e tecnolóxico ten un esparzo de co-working e un viveiro de empresas. Tamén se atopa a sede da Axencia Galega de Industrial Culturais (AGADIC) e o Centro GaiásTech da Xunta de Galicia. Ten 11.225 m² útiles. Foi inaugurado punto coa Biblioteca e Arquivo de Galicia o 11 de xaneiro de 2011. Museo Centro Gaiás: ten 20.734 m² útiles. O seu programa de usos inclúe un proxecto museográfico dedicado ao pasado e presente de Galicia, e albergará exposicións temporais e actividades de formación e divulgación. O edificio foi inaugurado o 31 de outubro de 2011 pero ata o mes de xuño de 2012 non comezou a estar en funcionamento, ó ser inaugurada o 15 de xuño a exposición "Gallaecia Petrea". Non se trata dun museo, senón dun centro expositivo, pois carece de colección propia e non posúe decreto de creación como museo. Centro de Innovación Cultural (CINC): é a sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e do Centro de Procesamento de Datos Integral (CPDI). Posúe tamén dous auditorios de pequeno formato e un salón de conferencias. Edificio Fontán: foi o último edificio construído. Recibe o seu nome do xeógrafo Domingo Fontán e nel instalarase o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ademais do futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais. Está deseñado polo arquitecto Andés Perea e asenta sobre a estrutura do inacabado Teatro da Música, suspendidas as obras no 2011 por mor da crise económica ata o 2014."La suspensión de las obras en la Cidade da Cultura hasta 2014 costará 447.000 euros" Faro de Vigo. As Torres Hejduk: son obra do estadounidense John Hejduk e empréganse como espazo expositivo. Unha das torres conta cun sistema de iluminación que a fai visible pola noite desde boa parte da cidade de Santiago.
A maiores o Gaiás conta cunha rede de espazos verdes para uso deportivo ou de lecer. A meirande parte do seu deseño está tutelado pola arquitecto paisaxista galega Isabel Aguirre e a Fundación Juana de Vega.
Bosque de Galicia: é a área máis grande da Cidade da Cultura e ocupa 24 hectáreas da aba oeste do monte Gaiás. Repobouse con especies autóctonas como castiñeiros, bidueiros, espiños, carballos, abeleiras, freixos ou faias. Xardín do Teatro: deseñado polo estudio de arquitectura RVR contento un auditorio ó aire libre, un rocodromo e unha pista de skate. Xunto co edificio Fontán ocupan a parcela do Teatro da Música deseñado por Eisenman e que foi cancelado. Parque da Balea: é un parque infantil que se artella en torno a unha estrutura inspirada nun cadro de Urbano Lugrís que se atopa na Casa dos Pescadores de Malpica. Foi creado por RVR arquitectos. Parque do Lago: esta área recuperou unha balsa de auga creada durante a construción dos edificios para decantar a auga das obras e converteuno nunha nova zona de lecer de máis de 4000 metros cadrados. Xardín Literario: construirase sobre o que ía ser o Centro de Arte Internacional e destacará pola súa lagoa.
miniatura|Imaxe tomada en xuño de 2006.
Eventos Dende a súa posta en marcha realizarose no Gaiás actividades expositivas, deportivas, musicais, rodaxes, feiras, congresos e un longo etcétera.
Música