A Ponte é un lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado, o que supón unha diminución con respecto a 2007 cando tiña 3 habitantes. Está situado a 292 m de altitude.
Toponimia
O topónimo A Ponte débese á presenza do lugar xunto á ponte da Labrada ou a ponte da Barxa, sobre o río Lor.
Patrimonio
A ponte, de orixe medieval, sitúase nun meandro que rodea a aldea polo norte, leste e sur. Une Barxa de Lor con Quintá de Lor, xa no concello de Quiroga.
Na aldea sitúanse a igrexa parroquial e o cemiterio.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Barxa de Lor
Parroquias da Pobra do Brollón
Categoría:Lugares da Pobra do Brollón Categoría:Despoboados da provincia de Lugo Categoría:Localidades do Camiño de Inverno