O Club Lemos é un club de fútbol galego, da cidade de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, que compite no Grupo Norte da Preferente Galicia. Fundado en 1924, é o segundo club máis antigo da provincia de Lugo, só por detrás do Ribadeo FC, e un dos máis antigos de Galicia.

Disputou 51 tempadas na Terceira División Española, sendo o primeiro equipo galego en acadar esa cifra e o segundo con máis participacións na categoría. Actualmente xoga no grupo norte da Preferente Galicia.

Historia Fundación e primeiros anos O equipo fundouse o 19 de abril de 1924 en Monforte de Lemos nunha asemblea celebrada no teatro Principal, froito da fusión entre o Atlétic Club e o Monforte FC, levada a cabo de mutuo acordo. Devandita asemblea foi dirixida por Xosé Ibáñez Fernández, último presidente do Atlétic Club, que exerceu de presidente en funcións, e con Francisco Álvarez González como secretario. Nacía así a Sociedad Deportiva y de Cultura Física Lemos Club, que tivo como primeiro presidente a Ramón Taboada Zúñiga. O equipo contou tamén cun campo novo, o Stadium Lemos, situado na estrada de Ourense, que substituíu os antigos campos das Lamas e A Compañía.

En 1934 conseguiu o ascenso á Serie A logo de finalizar na primeira posición ao final da liga, con todo, posteriormente a Federación Galega de Fútbol sancionou ao club monfortino por aliñar a un xogador cuxa situación non estaba legalizada durante un partido fronte o Ferrol F.C., polo que foi finalmente o equipo departamental o que se alzou co título da Serie B, mentres que o Lemos conseguiu o ascenso de categoría. Na tempada 1934-35 participou por primeira vez na Serie A do Campionato de Galicia, no que finalizou na segunda posición con 13 puntos e un rexistro de seis vitorias, un empate e tres derrotas, tan só por detrás do Unión Sporting Club de Lavadores, equipo contra o que caeu na derradeira xornada do campionato por dous goles a cero.

Na tempada seguinte, con todo, alzouse co título logo de superar no partido decisivo ao Club Coruña por cinco goles a dous, finalizando deste xeito a liga con 14 puntos, un máis que os coruñeses, e un rexistro de seis vitorias, dous empates e dúas derrotas. Deste xeito o Lemos clasificouse para disputar a primeira rolda da Copa de España ese mesmo ano fronte ao Deportivo da Coruña, o Unión Sporting Club e o Real Stadium Club Avilesino (este último ficou descualificado), onde finalizou na segunda posición do seu grupo e polo tanto non conseguiu clasificarse para a segunda rolda.

Consolidación en Terceira Xogou 51 tempadas na Terceira división española na súa historia, a maior parte delas case seguidas, entre as tempadas 1943-44 e 1991-92, descendendo nos anos 1948, 1958, 1969, 1976 e 1986, e ascendendo en 1949, 1959, 1970, 1980 e 1987.

Tras o descenso da tempada 1991-92 volveu ascender na tempada 1996-97. Na tempada 2001-02, con Francis como adestrador, xogou a promoción de ascenso a Segunda División B sen éxito, descendendo novamente na tempada 2002-03 e ascendendo na 2005-06. Na tempada 2007-08, tras quedar 20º, descendeu á Preferente Norte.

Últimos anos Na tempada 2010-11 o equipo descendeu a Primeira Autonómica por primeira vez na súa historia. Despois dunha boa traxectoria durante toda a tempada, o equipo conseguiu o ascenso á Preferente no 2012 a seis xornadas do final. Porén, volveu descender dous anos despois, ficando outra vez un só ano na categoría Autonómica, xa que acadou o ascenso á Preferente no 2015. Neste vaivén de ascensos e descensos da segunda década do século, no 2017 non conseguiu manter a categoría, caendo novamente á Preferente.

Estadio

O equipo xoga os seus partidos como local no Campo Municipal da Pinguela, inaugurado en 1999. Ten capacidade para 1.100 espectadores nunha única bancada cuberta e é de herba natural. Arredor do terreo de xogo dispón de pista de atletismo e tamén de zonas de lanzamento e salto.

Antes da súa inauguración xogaba no campo de fútbol Luís Bodegas, no que actualmente realiza os adestramentos e onde xoga o seu equipo filial. Foi remodelado entre 2007 e 2009 e é de céspede artificial.

Datos do club Liga Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 51 Mellor posto en liga: 3º (Terceira división, tempada 1987-88) Promocións de ascenso a Segunda: 1 (Terceira división, tempada 1955/56) Promocións de ascenso a Segunda B: 1 (Terceira división, tempada 2001/02) Traxectoria: TempadaCategoríaPosto1924/25?1925/26? 1926/27Serie B—1927/28Serie B—1928/29Serie B—1929/30Serie B1930/31Serie B1931/32Serie B / 1932/33Serie B1933/34Serie B / 10px1934/35Serie A2º1935/36Serie A1º 10px1939/401940/411941/421942/43Serie A4º10px1943/443ª9º1944/453ª8º1945/463ª9º1946/473ª6º 1947/483ª12º10px1948/49Serie A1º10px 1949/503ª13º1950/513ª14º 1951/523ª7ºTempadaCategoríaPosto1952/533ª11º 1953/543ª16º1954/553ª5º1955/563ª5º1956/573ª5º1957/583ª15º10px1958/59Serie A1º10px1959/603ª14º1960/613ª4º 1961/623ª4º1962/633ª9º1963/643ª13º 1964/653ª11º1965/663ª10º1966/673ª11º1967/683ª9º1968/693ª19º10px1969/70Serie A1º10px1970/713ª16º 1971/723ª15º1972/733ª12º 1973/743ª9º1974/753ª15º 1975/763ª20º10px 1976-77Rex. Pref.12ºTempadaCategoríaPosto1977-78Rex. Pref.5º1978-79Rex. Pref.15º1979-80Preferente2º 10px 1980/813ª14º 1981/823ª15º1982/833ª6º1983/843ª13º1984/853ª19º1985/863ª17º10px 1986/87Preferente1º 10px 1987/883ª3º1988/893ª6º1989/903ª14º1990/913ª14º1991/923ª20º 10px 1992-93Preferente12º1993-94Preferente7º1994-95Preferente7º1995-96Preferente2º 10px1996/973ª10º 1997/983ª8º1998/993ª12º1999/003ª14º2000/013ª8º2001/023ª4ºTempadaCategoríaPosto2002/033ª20º 10px 2003/04Preferente5º2004/05Preferente2º 10px2005/063ª17º2006/073ª17º2007/083ª20º 10px2008/09Preferente16º2009/10Preferente14º2010/11Preferente16º 10px2011/121ª Autonómica1º 10px2012/13Preferente15º2013/14Preferente18º 10px2014/151ª Autonómica1º 10px2015/16Preferente10º2016/17Preferente2017/181ª Galicia3º2018/191ª Galicia1º 10px2019/20Preferente15º2020/21Preferente/ 2021/22Preferente4º2022/23Preferente14º2023/24Preferente11º2024/25Preferente

Copa do Rei Participacións: 7 Mellor posición: 1/128 de final (1948, 1976, 1984) Resultados: CompeticiónTempadasPXPGPEPPGFGCDif.Copa do Rei 71532101229-17

Partidos disputados: Tempada Rolda Data Local Resultado Visitante 1936 1ª rolda Unión Sporting Club Club Lemos 1ª Rolda Deportivo da Coruña Club Lemos 1ª Rolda Club Lemos Unión Sporting Club 1ª Rolda Club Lemos Deportivo da Coruña 1944 1ª Rolda 20 de febreiro de 1944 UD Ourensana 3–0 Club Lemos 1947-48 2ª Rolda 19 de outubro de 1947 Club Lemos 4–2 SD Ponferradina 3ª Rolda 28 de decembro de 1947 Cultural Leonesa 2–0 Club Lemos 1973-74 1ª Rolda 26 de setembro de 1973 Club Lemos 1–1 Pontevedra CF 20 de outubro de 1973 Pontevedra CF 2–0 Club Lemos 1974-75 1ª Rolda 30 de outubro de 1974 Pontevedra CF 4–0 Club Lemos 17 de novembro de 1974 Club Lemos 2–1 Pontevedra CF 1975-76 1ª Rolda 12 de outubro de 1975 Club Lemos 0–1 Rayo Vallecano 16 de novembro de 1975 Rayo Vallecano 5–0 Club Lemos 1983-84 1ª Rolda 14 de setembro de 1983 Club Lemos 0–1 Arousa SC 28 de setembro de 1983 Arousa SC 1–0 Club Lemos

Palmarés Campionato de Galicia (1): 1935-36 Preferente Autonómica/Serie A Rexional (4): 1948-49, 1958-59, 1969-70, 1986-87 Primeira Galicia (2): 2011-12, 2014/15 Campionato Galego de Afeccionados (1): 1943-44 Copa Galicia (1): 1963-64

Presidencia Foron presidentes do Club Lemos na súa historia: Ramón Taboada Zúñiga Ramón Pérez Antonio Varela Dámaso López José Real Juan Carlos Durán José Antonio Díaz Manuel Ferreiro Antonio Pérez Mariano Rodríguez Cedrón Antonio Feijoo (2009-2012) Gaspar Pérez Carnero (2012-2014) Antonio Pérez (2014-2017) Óscar López Cerceda (2017-actualidade)

Categorías inferiores Equipo filial O Lemos conta cun equipo filial, o Lemos B, que xoga na Terceira Galicia. O equipo creouse en 2018 coa intención de formar xogadores para o primeiro equipo.

TempadaCategoríaPosición2018/193ª Galicia10º2019/203ª Galicia4º

Fútbol base Ata 2012 o Lemos tivo equipos de fútbol base. Ese ano, ante a delicada situación económica do club, varios pais de xogadores da canteira decidiron crear un novo club dedicado exclusivamente ao fútbol base, o Club de Fútbol Monforte. Ten convenios de colaboración co Lemos, igual que o Club Polideportivo Calasancio, o outro equipo de fútbol base da cidade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Twitter do club

Categoría:Club Lemos Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes