miniatura|La Laguna desde o Macizo de Anaga San Cristóbal de La Laguna,Ayuntamiento de San Cristóbal de La Laguna, sitio web institucional ."San Cristóbal de la Laguna" en (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua p. 130. UDC. ISBN 978-84-9749-504-2. coñecida popularmente como La Laguna ou A Laguna, é unha cidade e un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (España). Esta cidade foi capital da illa de Tenerife até o século XIX.

O nome guanche da zona onde se sitúa a cidade era Aguere, o nome da antiga lagoa ou lago que existía no lugar.

A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Con máis de 150.000 habitantes, é a terceira urbe máis poboada das Canarias. Nela radican o Consello Consultivo das Canarias, a Diocese de Tenerife (diocese da provincia) e a primeira universidade fundada nas Canarias.

Entre os monumentos relixiosos da cidade están a Catedral de Nosa Señora dos Remedios, a Igrexa da Concepción e o Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna. No Convento de Santa Catalina de Siena está o corpo incorrupto de Sor María de Jesús de León Delgado, con reputación milagreira.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha de San Cristóbal de La Laguna na web de UNESCO . Páxina web oficial de Turismo .

Categoría:Patrimonio da Humanidade nas Canarias Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade