dereita|miniatura

A Franxa de Aragón, Franxa Oriental ou Franxa de Poñente (Franja d'Aragó ou Franja de Ponent en catalán; Francha Oriental en aragonés; La Franja en castelán) é a zona do leste de Aragón, limítrofe con Cataluña, formada polos concellos de fala catalá.

Características É un territorio xeolingüístico que comprende os concellos de fala catalá de Aragón, limítrofes con Cataluña, é unha franxa estreita de 250 quilómetros de longo e 30 de largo máximo, cunha superficie aproximada de 5000 km² e cunha poboación de 47.771 no ano 2006. O territorio da Franxa non ten nin tivo nunca unha estrutura administrativa común, agás o feito de que todas as bisbarras pertencen á Comunidade Autónoma de Aragón, e de feito abranguen territorios das tres provincias aragonesas.

Bisbarras As bisbarras oficiais actuais nas que se inclúen os concellos da Franxa son as seguintes (de norte a sur):

Baixa Ribagorça. La Llitera. Baix Cinca. Matarranya.

e algúns concellos das comarcas de

Baix Aragó. Baix Aragó-Casp.

Categoría:Xeografía de Aragón Categoría:Lingua catalá