Henri Béraud, nado en Lión o 21 de setembro de 1885 e morto en Saint-Clément-des-Baleines o 24 de outubro de 1958, foi un xornalista e escritor francés.

Traxectoria Fillo dun panadeiro, educárono os freires, foi tenente de artillaría durante a primeira guerra mundial, en febreiro de 1917 pasou a colaborar na publicación satírica Le Canard enchaîné recomendado polo seu amigo Paul Vaillant-Couturier e por Roland Dorgelès, tamén colaborou ó final da guerra con Crapouillot de Jean Galtier-Boissière.

En Le Canard Enchaîné publicou contos, un breve folletín (L'angoisse du mercanti ou le compte du tonneau en 1918), un estudo sobre o humor lionés e sobre todo artigos polémicos contra o Parlamento, a Académie française, o goberno, os oficiais antirrepublicanos e Acción Francesa. Tamén colabora como especialista en temas internacionais no Petit Parisien e Paris-Soir.

1934 - 1944 Canard rompe con Henry Béraud logo de que este apoiara as manifestacións antiparlamentarias do 6 de febreiro de 1934 organizadas pola dereita e a extrema dereita. Béraud segue a colaborar coa revista Le Merle blanc, de Eugène Merlo, en L'Œuvre e é o gran reporteiro e comentarista político do Journal. El é o director político oficioso e editorialista de Gringoire de 1928 a 1943, escribe artigos violentamente anglófonos pero sen demostrar unha simpatía particular pola Alemaña nazi. Tras a caída do réxime de Vichy condénano a morte por colaborar co inimigo pero pola intervención de varios escritores, entre eles François Mauriac, Charles de Gaulle conmútalle a pena por cadea perpetua. Gravemente enfermo foi liberado en 1950 e morreu en 1958 na súa propiedade da illa de Ré.

Obras L'École moderne de peinture lyonnaise (1912) Le Vitriol de Lune (1921, premio Goncourt 1922) Le Martyre de l’obèse, (premio Goncourt 1922) Lazare, Albin Michel, 1924 Ce que j'ai vu à Moscou, Les Éditions de France 1925 Le Bois du templier pendu, Les Éditions de France, 1926 Ce que j'ai vu à Berlin, Les Éditions de France, 1926 La Gerbe d'or, Les Éditions de France, 1928 Ce que j'ai vu à Rome, Les Éditions de France 1929 Qu’as-tu fait de ta jeunesse ? (1941) Les Lurons de Sabolas (1932) Ciel de suie (1933) Dictateurs d'aujourd'hui (1933) Pavés rouges, Les éditions de France, 1934 Faut-il réduire l'Angleterre en esclavage (1935) Les raisons d'un silence, Inter-France, 1944 Les derniers beaux jours, Plon, 1953

Véxase tamén

Bibliografía Cahiers Henri Béraud édités par l'Association Rétaise des Amis de Henri Béraud, Loix-en-Ré Jean Butin, De la gerbe d'or au pain noir, la longue marche d'Henri Béraud, Roanne, 1978 R. Cardinne-Petit, Le Martyre de Béraud. 1997 Pierre Malo, Dans la prison de Saint-Martin-de-Ré avec Henri Béraud Le Procès Henri Béraud Alain de Benoist, Guidargus Henri Béraud, 2003-2004 Paul Lintier, Le Tube 1233, précédé de Souvenirs sur Paul Lintier par Henri Béraud Francis Bergeron, Béraud, coll. Qui suis-je ?'', Éditions Pardès, 2003 ISBN 978-2-86714-317-5

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Xornalistas de Francia Categoría:Nados en Lión Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1958