NTT DATA España, anteriormente coñecida coma Everis é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas.

A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis ten máis de 6.000 empregados e oficinas en España, Portugal, Italia, o Brasil, a Arxentina, México, Chile e Colombia. A facturación de Everis para o ano fiscal 2007 (finalizado no marzo do 2008) foi de 340 millóns de euros.

Historia A empresa naceu en 1996, co nome de DMR Consulting, abrindo as súas primeiras oficinas en España en Madrid e Barcelona. En 1997 creouse a división de Qualitas, co obxectivo de complementar os servizos ofrecidos. Entre 1998 e 1999 iniciouse a expansión internacional do grupo, coas aperturas das primeiras oficinas fóra de España en Santiago de Chile e Lisboa. Esta expansión continuou no 2000 coas oficinas de Milán e Buenos Aires. No ano 2001 tivo lugar a consolidación das actividades en todos os sectores. Abríronse oficinas en São Paulo, México, D.F., Roma e Sevilla.

No 2004 os profesionais de DMR Consulting adquiriron a compañía a Fujitsu co apoio de Apax e FManagers. No 2005 cancelouse a débeda con Fujitsu e abriuse a oficina de Valencia. No 2006 DMR consulting pasou a chamarse Everis. Abríronse oficinas en Bogotá e A Coruña. En decembro os traballadores de Everis pasaron a controlar o 100% da compañía. Nese mesmo ano Everis incorporou como novos socios investidores o fondo de investimento 3i, ao Grupo Corporativo Landon e a un grupo minoritario de pequenos accionistas.

No 2008 trasladáronse ás oficinas de Madrid (La Finca en Pozuelo de Alarcón e Cuzco en Madrid) á nova sede no barrio madrileño de Virgen del Cortijo. Nese mesmo ano abríronse oficinas na Coruña e Bilbao, e o novo Centro de Excelencia para o desenvolvemento de software en Mataró, especializado no desenvolvemento e mantemento de aplicacións informáticas.

miniatura|Sede de NTT DATA España en Madrid|centro

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de NTT DATA España

Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Empresas de España