Hannover, ás veces escrito en galego Hannóver, é unha cidade de Alemaña, capital de distrito e de rexión no estado de Baixa Saxonia. Ten 519.619 habitantes (2008).
Desde que Xurxo I ocupa o trono de Inglaterra ata que Guillerme IV morre, Hannover comparte monarca co Reino de Inglaterra. Deixaría de ser reino independente en 1866 cando foi anexionada por Prusia.
Durante a segunda guerra mundial foi arrasada polos bombardeos aliados, logo quedaría no lado oeste e polo tanto na RFA. No ano 2000 acolleu a Exposición Universal.
Economía O grupo TUI AG ten a súa sede central nesta cidade. As dúas grandes vantaxes da rexión para competir como lugar de negocios son a súa céntrica situación dentro do mercado europeo, especialmente trala ampliación da Unión Europea (UE) en 2004, e unha destacada infraestrutura.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da Hannover
Categoría:Cidades de Baixa Saxonia