Lancre é unha creación do escritor Terry Pratchett, un país do Discworld onde transcorren as novelas onde o tema central son as Bruxas. Está inspirado, probablemente, na Inglaterra shakesperiana, e máis concretamente no norte do país, Lanc(ashi)re.
Características Aínda que en aparencia Lancre ten unhas dimensións de 40 por 10 millas, isto é debido ó alto nivel de maxia que hai no territorio, e que fai que dous obxectos estean aparentemente adxacentes cando en realidade os separan máis de dúas millas. Sen dúbida, o seu accidente xeográfico máis importante é Bad Ass.
Ten unha poboación de aproximadamente 500 habitantes, aínda que probablemente sexan máis xa que hai ducias de pobos e aldeas repartidos polas montañas, e dificilmente accesibles para os exploradores e cartógrafos. A súa lingua oficial é o Morporkiano, falado en gran parte de Discworld. Non hai unha relixión definida en Lancre, aínda que os seus habitantes teñen unha estreita relación con todo aquilo que non poden ver. A súa festa máis famosa, e que probablemente é celebrada por todo o Discworld é a Noite Hogwatch. Lancre é unha monarquía, gobernada por un rei. Porén, o poder dos monarcas non afecta en absoluto ás bruxas do reino, que se toman a xustiza pola súa man e fan o que mellor (ou peor) lles parece.
As bruxas máis coñecidas de Lancre son, nesta orde, Granny Weatherwax, Nanny Ogg e Magrat Garlick. Estas son as tres figuras da Wicca tradicional.
Categoría:Discworld
en:Discworld geography#Lancre