miniatura|200 px|dereita|Plano do Mercado Central. O Mercado Central (en valenciano Mercat Central) de Valencia é unha construción de estilo modernista, proxectada polos arquitectos Alexandre Soler i March e Francesc Guàrdia i Vial en 1914, ámbolos dous formados na Escola de Arquitectura de Barcelona e colaboradores de Lluís Domènech i Montaner, que fixo o Palau de la Música Catalana e que se caracterizou por un estilo propio dentro das liñas do modernismo.
O proxecto do Mercado Central da Cap i Casal pretendía conciliar o uso das grandes estruturas de ferro espido co estilo Art Nouveau. Despois dalgunhas desconveniencias e dalgunhas modificacións ao proxecto inicial, as obres acabaron no xaneiro de 1928, so a dirección de Enric Viedma i Vidal.
Este mercado sitúase entre a Plaça del Mercat (fachada principal) e a de Ciutat de Bruges. A rúa Vell de la Palla separa o mercado da Igrexa de Sant Joan del Mercat. Pola outra beira do mercado está a rúa de Palafox, a praza d'en Gall e a rúa de les Carabasses.
A Praza do Mercat A Plaça del Mercat é unha das prazas máis singulares e coñecidas da cidade de Valencia, xa que onda tres dos monumentos máis famosos da cidade: o modernista Mercat Central (s. XX), a tardogótica Llotja de la Seda (s. XV) co seu Consolat de Mar renacentista (XVI), e a parte barroca da igrexa de Sant Joan del Mercat (s. XVII). Pese a esta mestura de estilos, Joan Francesc Mira opina que "no se sap com, els tres edificis fan l'efecte de ser exactament com han de ser i ocupar el lloc que han d'ocupar, un davant o al costat de l'altre, com si haguera estat i haguera de ser sempre així" (non se sabe como, os tres edificios fan o efecto de seren exactamente como teñen que ser e ocupando o lugar que teñen que ocupar, un diante ou á beira do outro, como se fose ou debese ser sempre así).
miniatura|285 px|centro|Detalle da fachada principal do Mercado Central, onde se combinan a cerámica e a pedra co vidro e o metal.miniatura|300 px|centro|Fachada posterior do Mercado Central (Avenida do Baró de Càrcer), máis tradicional no uso de materiais, predomina a pedra e a madeira nas xanelas.
Antecedentes do Mercado Central Antes da construción do Mercado Central (1914-28), a Plaça del Mercat servía coma espazo de mercado ao aire libre para a cidade. Durante o século XIX a praza ampliouse co derrubamento do convento das Magdalenes, pero até o 1914, non se comezou a construción do edificio cuberto do Mercado Central.
Foi a final do século XIX, co auxe das ideas hixienistas e da burguesía, cando as autoridades municipais suscitaron a necesidade de faceren un mercado pechado. Este mercado debería ter grandes dimensións, para o cal foi preciso mercar e derrubar algunhas vivendas para reunir un terreo duns 8.000 m2.
miniatura|275 px|centro|Praza do Mercado en 1704, segundo o plano do Padre Tosca, que se conserva no Museu Històric Municipal de Valencia. Sobre parte desta praza érguese o actual Mercat Central (1914-1928).
Estilo ecléctico e modernista O edificio podería definirse como de estilo ecléctico modernista, combinando a tradición construtiva catalá e a primeira arquitectura do ferro e o aceiro. A planta irregular, adaptada na forma da parcela que ocupa, ten dous espazos: o mercado propiamente dito (6.800 m²) e a peixaría (1.700 m²), con carreiros rectos e longos atravesados por dúas vías amplas.
As cubertas presentan teitos inclinados e dúas innovadoras cúpulas, unha para a peixaría, e outra para o mercado. Na parte alta desta segunda cúpula hai un cataventos de ferro: a Cotorra del Mercat que, segundo como sopra o vento, fala ou mira outro cataventos, o Pardalot de Sant Joan, que se atopa na veciña igrexa homónima.
A armadura para cubrir de aceiro laminado con piares unidos entre si por arcos remite ás grandes arquitecturas industriais do ferro, como as da Estació del Nord ou o Mercat de Colom. Os muros perimétricos, que só teñen función de pechamento, presentan zócolos cerámicos policromados na súa base, persianas metálicas e azulexos de reflexo dourado na parte superior, e pedra nos cantóns e nas portadas.
miniatura|137 px|dereita|Cotorra del Mercat.miniatura|130 px|esquerda|Cataventos de Sant Joan del Mercat, coñecido popularmente coma o Pardalot de Sant Joan, que dialoga coa Cotorra del Mercat.
Catedral da luz Segundo Joan Francesc Mira, o Mercado Central é como unha catedral inmensa e luminosa, para inundación continua de claridade que intensifica as cores da mercadoría. É un espazo de amplos carreiros interiores dedicados á venda de todo tipo de alimentos, onde a clientela non se empurra nin se apiña porque o espazo é ben grande, e o balbordo se esvaece cara ás alturas.
miniatura|375 px|centro|O interior do Mercat Central, aquí decorado con adornos de Nadal, é un espazo diáfano e luminoso, onde a xente non se apiña e o barullo se esvaece cara ás alturas.miniatura|233 px|centro|Interior do mercado.
miniatura|300 px|centro|Cúpula con ventás de vidro do interior do Mercado Central, con laranxas na parte alta e reflexo dourado na de abaixo.miniatura|318 px|centro|Detalle da Cúpula do Mercado Central, con ramos de laranxas sobre fondo branco.
Véxase tamén
Outros artigos Llotja de la Seda Plaça del Mercat Igrexa de Sant Joan del Mercat
Bibliografía Mira i Casterà, Joan Francesc: València per a veïns i visitants. Bromera, Col·lecció Grans Obres, Alzira. Segona edició, maig del 2007, planes 82-84. Sanchis Guarner, Manuel: La Ciutat de València. Ajuntament de València, València. Cinquena Edició 1989, plana 568.
Ligazóns externas Mercado Central de Valencia
Categoría:Modernismo en Valencia Categoría:Monumentos de Valencia Categoría:Mercados