Betanzos-Cidade, anteriormente denominada Betanzos-Pueblo, é unha estación de tren de Adif situada na vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Longa e Media distancia operadas por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 5,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 4 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións de Estación de Betanzos-Infesta e de Miño-Castro. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia O ferrocarril chegou a Betanzos-Cidade o 5 de maio de 1913 coa o apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.Obras da liña Betanzos - Ferrol La Voz de Galicia Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Betanzos a Ferrol Spanishrailway En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
A estación O edificio de viaxeiros da estación de Betanzos-Cidade é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Está situada no extremo noroeste do núcleo urbano de Betanzos, o que fai que estea moito máis próxima ao centro urbano da cidade que a estación de Betanzos-Infesta.
Ten dúas plataformas, unha lateral e a outra central, ás que acceden dúas vías.
Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 5 MD A Coruña <> Ferrol
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estación de Betanzos-Infesta
Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Betanzos-Cidade Categoría:Betanzos