Vilamartín de Valdeorras é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Vilamartín de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 304,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 306 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións da Rúa-Petín e O Barco de Valdeorras. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Spanishrailway As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe   Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada <> Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Vilamartín de Valdeorras Categoría:Vilamartín de Valdeorras Categoría:Vilamartín de Valdeorras sen imaxes Categoría:Estacións de tren de Galicia sen imaxes