Martorell é un municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Situado á beira do Llobregat, é un importante nó de comunicacións.
Xeografía 250px|miniatura|esquerda|Vista de Martorell desde a serra Situado no norte da comarca do Baix Llobregat, onde transcorre o paso de dous ríos, o Llobregat, na parte leste do termo municipal, e o río Anoia, afluente do anterior. O municipio, ten unha extensión de 12,84 km².
Martorell divídese, debido ao curso do río Anoia, en dúas grandes zonas. A zona sur, aglutina os barrios de la Mina, la Vila, Pont del Diable, Rosanes e Portal d'Anoia. Na zona alta, podemos atopar os barrios de El Pla, Torrent de Llops, Bos Aires, Camí Fondo, Can Cases, Can Carreiras, Pou del Merli, e o barrio das Bobilas.
O barrio da Vila ten especial importancia xa que este barrio pertence ao núcleo histórico de Martorell.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 1.825 5.054 6.860 24.21333.45639.22045.190
Economía A pesar da pouca extensión do territorio do termo municipal, a industria ten unha grande importancia. A industria máis importante de Martorell é SEAT, no termo atópase a sede, o centro de deseño e a fábrica automobilística. SEAT ten unha grande importancia na contorna da economía na zona, xa que hai un gran número de empresas que indirectamente se estableceron na zona, construíndo elementos varios para os vehículos.
No sector da industria química atópase Solvay, cuxo produto máis destacado é o PVC. Tamén se atopa Cargill Ibérica SLU (antigamente Cerestar Ibérica), unha importante industria alimenticia.
Lugares de interese 250px|miniatura|O Pont del Diable Pont del Diable Igrexa de Santa Margarida, visigoda e románica. Castelo de Rosanes Convento dos Capuchinos, dos séculos XVII e XVIII.
Localidades irmandadas Borgo a Mozzano (Italia) Chevilly-Larue (Francia)
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona