miniatura|250px|A Inmaculada Concepción por Francisco de Zurbarán, 1661, Magyar Szépmüvészeti Múzeum de Budapest. O dogma da Inmaculada Concepción é un artigo de fe do Catolicismo que sostén a crenza en que María, nai de Xesús, a diferenza de todos os demais seres humanos, non foi alcanzada polo pecado orixinal senón que, desde o primeiro instante da creación da súa alma, estivo libre de todo pecado.

Non debe confundirse esta doutrina coa da maternidade virxinal de María, que sostén que Xesús foi concibido sen intervención de home e que María permaneceu virxe antes, durante e despois do parto.

Ao desenvolver a doutrina da Inmaculada Concepción, a Igrexa católica contempla a posición especial de María por ser nai de Xesús de Nazaret e sostén que Deus preservou a María libre de todo pecado e, aínda máis, libre de toda mancha ou efecto do pecado orixinal, que había de transmitirse a todos os homes e mulleres por ser descendentes de Adán e Eva, en atención a que ía ser a nai de Xesús, que é tamén Deus. A doutrina reafirma coa expresión "chea es de graza" contida no Saúdo do Anxo (Lc. 1,28) e na oración do Avemaría este aspecto de ser libre de pecado pola graza de Deus. Declaración do dogma O dogma de Inmaculada Concepción foi declarado polo papa Pío IX, o 8 de decembro de 1854, coa bula Ineffabilis Deus.

Preparación do documento O papa constituíu, o 1 de xuño de 1848, unha comisión de teólogos. O 2 de febreiro de 1849 enviou ao episcopado católico a encíclica Ubi Primum para perdir a aoponión aos bispos respecto á definición. Dos 603 bispos consultados, 546 foron favorables á definición. Despois destes votos favorables, Pío IX mandou comezar os traballos de redacción definitiva da bulaDenzinger, H.: Enchiridion Symbolorum (versión brasileira); San Paulo, 2007 Ed. Paulinas, pax. 614.

A Bula Ineffabilis Deus

A bula considera que a inmaculada concepción de María é consecuencia da súa maternidade. Deus tiña nos seus designios desde tódolos tempos que o seu Fillo se fixese carne e nacese de muller. Por iso, en previsión deste misterio dotou á virxe de todo tipo de dons e virtudes, así ela "sempre absolutamente libre de toda mancha de pecado, toda fermosa e perfecta, posúe tal plenitude de inocencia e santidade que de modo nigún se pode concibir maeirande despois de Deus..." (Bula Ineffabilis Deis).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Virxe María Anselmo de Canterbury

Categoría:Advocacións da Virxe María Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia