300px|miniatura|Vista do río Besòs, ao seu paso por Sant Adrià Sant Adrià de Besòs é unha cidade e concello catalán da área urbana de Barcelona. Está situada na desembocadura do río Besòs, entre Barcelona e Badalona. Pertence á comarca do Barcelonès.«Sant Adrià de Besòs (Barcelonès)». Institut d'Estadística de Catalunya. Consultado o 8 de maio de 2026.«Sant Adrià de Besòs». Gran Enciclopèdia Catalana. Consultado o 8 de maio de 2026.
Historia A orixe da poboación remóntase a 1012 ao formarse a vila en torno á igrexa parroquial, na beira esquerda do río Besòs. Na súa orixe era unha poboación principalmente agrícola.«L'orígen de Sant Adrià». Ajuntament de Sant Adrià de Besòs. Consultado o 8 de maio de 2026.«Sobre el NOM de Sant Adrià». Ajuntament de Sant Adrià de Besòs. Consultado o 8 de maio de 2026.
Ao ser unha poboación próxima ao río Besòs sufría as chamadas "besosadas" (aumentos do caudal do río) que destruían a poboación por inundacións. Tamén ao atoparse no camiño por onde se atravesaba o río para chegar á cidade de Barcelona supúxolle problemas. As tropas inimigas que pasaban por alá dirixíndose á cidade destruían o pobo ao seu paso, como ocorreu os anos 1114 debido aos musulmáns e 1697 aos franceses.
Na revolución industrial empezáronse a implantar as industrias crecendo os habitantes da poboación e ao principio do século XX obtivo un novo pulo grazas ás súas dúas centrais térmicas: Enerxía Eléctrica de Cataluña (posteriormente FECSA) e Compañía de Fluído Eléctrico (popularmente coñecida como La Catalana).«Las empresas eléctricas y la oferta de energía en Barcelona». Barcelona Quaderns d'Història, núm. 19. Consultado o 8 de maio de 2026.
En 1938, durante a guerra civil Española, foi bombardeada xa que era punto de interese militar polas súas centrais térmicas así como as súas fábricas. En 2007 rehabilitouse como museo un dos refuxios antiaéreos utilizado pola cidadanía.«MhiC - Museu d’història de la immigració de Catalunya». Museu d'Història de la Immigració de Catalunya. Consultado o 8 de maio de 2026.«1939. La construcció del Refugi antiaeri Pla de Besòs (RaPM)». Diputació de Barcelona. Consultado o 8 de maio de 2026.
A día de hoxe ten empresas do sector de servizos, industrias e as centrais térmicas situadas a cada lado do río. Das centrais térmicas a máis famosa posúe tres chemineas de 200 m que producen alto nivel de contaminación, tanto ambiental como paisaxística.«Les Tres Xemeneies i edifici de turbines de la Central Tèrmica del Besòs». Mapa del Patrimoni Cultural, Diputació de Barcelona. Consultado o 8 de maio de 2026.«El pasado más 'negro' de las Tres Chimeneas». La Vanguardia. Consultado o 8 de maio de 2026.
Actualmente leváronse a cabo diversos proxectos con para mellorar a calidade da auga do río, como a rehabilitación das beiras do río Besòs. Tamén se realizaron cambios importantes grazas á celebración do Fórum 2004 retornando o tranvía á poboación. Ademais o acontecemento serviu para embelecer a zona costeira e crear un porto deportivo moderno, renovando as instalacións das depuradoras da zona. Tamén se atopa en fase de renovación dalgúns barrios así como a creación de novas zonas de vivendas.«La desembocadura». Parc Fluvial del Besòs, Diputació de Barcelona. Consultado o 8 de maio de 2026.«Proyecto básico de Ordenación del Frente Litoral Besòs (Fórum 2004)». Barcelona Regional. Consultado o 8 de maio de 2026.«El Puerto del Fòrum». Meet Barcelona, Ajuntament de Barcelona. Consultado o 8 de maio de 2026.«Barcelona recupera el tranvía 33 años después». Vía Libre. Consultado o 8 de maio de 2026.
Barrio de La Mina O barrio de La Mina foi construído polo Instituto Municipal da Vivenda no ano 1969, para a erradicación de diferentes núcleos de barracas de Barcelona. (Camp de la Bota, Pequín, la Perona, el Somorrostro, Can Tunisia e Montjuic). En 1975, la Mina tiña xa máis de 15.000 habitantes e 2.029 vivendas.«Barri La Mina». Consorci del Barri de la Mina. Consultado o 8 de maio de 2026.
O barrio de La Mina sitúase no termo municipal de Sant Adrià de Besòs, pero unido fisicamente coa cidade de Barcelona (máis cerca que o centro de Sant Adrià, do cal sepáralle o río Besòs e a Ronda del Litoral). Actualmente a área residencial de La Mina está formada por vinte bloques de entre 5 e 12 pisos. O número total de vivendas é de 2.721, e o de locais de 181.«PIC URBAN II. Barri La Mina». Consorci del Barri de la Mina. Consultado o 8 de maio de 2026.
La Mina conta coa metade da poboación total de Sant Adrià, e xunto ao barrio de La Catalana ocupa o 60 % do termo do municipio.
Demografía Evolución demográfica«Poblaciones de hecho desde 1900 hasta 1991. Cifras oficiales de los Censos respectivos». Instituto Nacional de Estadística. Consultado o 8 de maio de 2026.1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009 418 6.515 10.227 24.45236.05232.45234.327
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona