300px|miniatura|Riera de PremiàPremià de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado no litoral do Maresme, a uns 20 quilómetros de Barcelona. En 1842 o seu nome oficial era Sant Cristòfol de Premià.

Premià de Mar é a segunda localidade máis poboada do Maresme logo de Mataró. Os municipios que o circundan son El Masnou, Premià de Dalt, Vilassar de Dalt e Vilassar de Mar.

Medio ambiente 250px|miniatura|esquerda|Vista xeral A praia é areosa, pouco coidada e sofre unha gran regresión mariña que no seu día se intentou solucionar coa construción duns espigóns e que, nos últimos anos, corríxese temporalmente coa achega artificial de area do fondo mariño, sen a cal non existiría en moitos lugares. A ampliación do porto deportivo, iniciada antes dos Xogos Olímpicos e aínda inacabada, contribuíu en gran xeito, a alterar os volumes de area nas praias. Xunto ás praias hai uns paseos moi ben coidados, dotados de exercicios variados para deportistas, con grande amplitude para camiñar e ir en bicicleta, rodeados por unha banda de árbores, e do outro de plantas e flores que alegran a vista.

O Centro de Recuperación de Animais Mariños (CRAM) de Premià é unha iniciativa dun grupo de voluntarios e profesionais co obxectivo de salvar animais mariños feridos, especialmente tartarugas e outras especies do Mediterráneo. As súas instalacións están situadas nunha torre de veraneo situada no barrio de Casa Pou-Campo de Mar, que limita co termo de Vilassar de Mar e pódese visitar concertando unha cita previa.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 2.239 3.380 3.947 11.28419.93526.13027.545

Economía Na economía actual queda algún rastro da antiga actividade industrial (empresas como Metalogenia e Transmesa), algún reduto de floricultura e un mínimo sector servizos. A proximidade a Barcelona, Mataró ou outras poboacións moito máis potentes fan de Premià de Mar un pobo dormitorio.

A Gran Vía Lluís Companys constitúe o eixo básico ao redor do cal vira toda a actividade comercial da vila. Nesta rúa atópase o mercado de Sant Joan e unha gran cantidade de tendas, bares e comercios.

Lugares de interese Masia Can Manent Escola d'Assís Fábrica La Lió Antiga Fábrica do Gas Colexio La Salle Premià Igrexa de Sant Cristòfol Can Roure Masia Ribas Can Maristany Jutjat de Pau

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Guía turística de Premià de Mar (monumentos, feiras, festas...) Patrimonio histórico e artístico de Premià de Mar

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona