Barbantes é unha estación de tren de Adif situada na Barca de Barbantes, no concello de Cenlle, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia. Situación ferroviaria miniatura|Vista da estación. A estación atópase no punto quilométrico 59,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 93 metros de altitude, entre as estacións de Ourense-Empalme e Ribadavia.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos. A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país. En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe. miniatura|Vista da estación. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación Está situada a beiras do río Miño como gran parte das estacións deste tramo. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e planta baixa. Dispón de dúas plataformas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías. A plataforma central é tan estreita que realmente non ten uso por parte dos viaxeiros.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 14 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada Ourense-Empalme <> Vigo-Guixar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Barbantes Categoría:Cenlle