miniatura|Billetes de euro (2019) O euro (EUR ou €) é a moeda usada polas institucións da Unión Europea (UE), así como a moeda oficial da eurozona, formada por 20 dos 27 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Ademais, 4 microestados europeos teñen acordos coa Unión Europea para o uso do euro como moeda: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. Por outra banda, o euro foi adoptado de maneira unilateral por Montenegro e Kosovo.

Uns 388 millóns de cidadáns viven nos 20 países da eurozona. Ademais, máis de 240 millóns de persoas ao redor do mundo usan moedas fixadas ao euro, incluíndo máis de 190 millóns de africanos. O euro é a segunda moeda de reserva así como a segunda moeda máis negociada no mundo, despois do dólar estadounidense.

En decembro de 2019, con máis de 1,3 billóns de euros en circulación, o euro ten un dos valores combinados de billetes e moedas máis altos en circulación do mundo. O euro divídese en 100 céntimos.

O nome de «euro» foi adoptado oficialmente o 16 de decembro de 1995 en Madrid. O euro introduciuse nos mercados financeiros mundiais como unha moeda de conta o 1 de xaneiro de 1999, substituíndo a antiga Unidade Monetaria Europea (ECU) nunha proporción de 1:1.

As moedas e billetes entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2002 nos 12 Estados da Unión Europea que adoptaron o euro naquel ano: Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal.

Ese mesmo ano tamén adoptaron o euro os estados europeos de Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino, que tiñan acordos con países da Unión Europea, e Andorra, aínda que este de maneira non oficial. Non foi ata o 2011 cando Andorra asinou un acordo monetario coa Unión Europea, o cal entrou en vigor o 1 de abril de 2012, que supuxo a adopción do euro por Andorra de maneira oficial.

O 1 de xaneiro de 2007, Eslovenia incorporouse á zona euro. Malta e Chipre fixérono o 1 de xaneiro de 2008 e Eslovaquia o 1 de xaneiro de 2009.

Estonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2011, sendo o primeiro país que formara parte da URSS que se converteu en membro da eurozona.

Letonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2014, Lituania, o 1 de xaneiro de 2015, e Croacia o 1 de xaneiro de 2023, sendo o último país en adoptar a moeda común europea.

Oito países da Unión Europea non adoptaron o euro aínda: Bulgaria, Dinamarca, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Suecia. Tampouco o fixo o Reino Unido durante os seus anos de pertenza á Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da eurozona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Características

O euro divídese en cen céntimos. Aínda que «cent» —plural «cents», en ambos os casos sen punto final nin acento— é a denominación oficial da división do euro en todos os idiomas, na linguaxe habitual, con todo, tradúcese polo equivalente en cada idioma (en galego e castelán céntimo, en grego λεπτό, en italiano centésimo, en francés centime, etc.) e pluralízase segundo o uso habitual da lingua.

Os billetes de euro —de 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros— son idénticos para todos os países. As moedas de euro —de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 cents e 1 e 2 euros— teñen o mesmo anverso en todos os países, pero distinto reverso segundo o país de cuñaxe. Con todo, todas as moedas de euro de calquera país pódense utilizar en todos os países da eurozona.

O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx da Casa da Moeda Real de Bélxica."Coins". European Commission. As moedas, sexa cal for o seu reverso nacional, son de validez en calquera país da zona euro.

A partir do ano 2004, unha directiva da Unión Europea permite acuñar todos os anos unha moeda de dous euros conmemorativa —dúas moedas ao ano desde 2013— en cada país da zona euro. Estas emisións, cuxa produción é determinada pola cuñaxe normal de moeda en cada país, conservan o anverso común da zona euro e no reverso mostran o motivo conmemorativo. Estas moedas conmemorativas conxuntas son adicionais ás que pode emitir cada estado.

Os motivos principais da primeira serie de billetes euro son: portas e xanelas, que simbolizan o espírito de apertura da Unión Europea; a eliminación de fronteiras e a integración están representadas por pontes no reverso do billete. Ademais, o tema xeral da serie é «Idades e estilos», figurando en cada billete un estilo arquitectónico determinado.

O deseño da primeira serie de billetes é de Robert Kalina do Oesterreichische Nationalbank (OeNB - Banco Nacional Austríaco), e o alemán Reinhold Gerstetter ocupouse do deseño da segunda serie, emitida a partir de 2013.

O euro é o sucesor do ECU ou Unidade Monetaria Europea (en inglés: European Currency Unit). Na reunión de Madrid do 16 de decembro de 1995, o chanceler de Alemaña Helmut Kohl sinalou que lle soaba igual a Ein Kuh, que en alemán poderíase entender como «unha vaca». Por este motivo determinouse que a moeda única comunitaria chamásese Euro, tendo unha paridade 1:1 co ECU.Intercultural Economic Analysis: Theory and Method; por Rongxing Guo; pág. 106; publicado por Springer Science & Business Media, 2009; ISBN 1441908498, 9781441908490Helmut Kohl: The Man Who Reunited Germany, Rebuilt Europe, and Thwarted the Soviet Empire; por Henrik Bering; pág. 239; publicado por Regnery Publishing, 1999; ISBN 0895263254, 9780895263254Unequal Partners: French-German Relations, 1989-2000; por Julius Weis Friend; pág. 65; publicado por ABC-CLIO, 2001; ISBN 0275976033, 9780275976033We can take no pleasure from the euro's fall

O símbolo do euro (€), desenvolto pola Comisión Europea, inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E. As dúas liñas paralelas fan referencia á estabilidade dentro da área euro.

Como o resto das moedas, euro é un nome común e debe escribirse con minúscula. O seu plural é euros. O código internacional para o euro é EUR e foi rexistrado na Organización Internacional de Normalización (ISO); utilízase con fins empresariais, comerciais e financeiros.

Non existe un símbolo oficial para o cent, aínda que se utiliza a miúdo a tradución e abreviaturas habituais de cada idioma. En español, úsase cént. (plural: cts.) como reminiscencia do céntimo de peseta. En Irlanda, emprégase ás veces nas tendas o símbolo ¢. Estilo arquitectónico na primeira serie dos billetes (serie Idades e estilos) 5 euros 10 euros 20 euros 50 euros 100 euros 200 euros 500 euros 110px|Anverso|center110px|Reverso|center Anverso|110px|centerReverso|110px|center centro|110px|Anversocentro|Reverso|110px centro|Anverso|110pxcentro|Reverso|110px centro|Anverso|110pxcentro|Reverso|110px centro|Anverso|110pxcentro|Reverso|110px centro|Anverso|110pxcentro|Reverso|110px Clásico Románico Gótico Renacentista Barroco Modernista Contemporáneo

Estilo arquitectónico na segunda serie dos billetes (serie Europa) 5 euros 10 euros 20 euros 50 euros 100 euros 200 euros 144px|Anverso|center 144px|Reverso|center Anverso|144px|center Reverso|144px|center center|144px|Anverso center|Reverso|144px center|Anverso|144px center|Reverso|144px center|Anverso|144px center|Reverso|144px center|Anverso|144px center|Reverso|144px Clásico Románico Gótico Renacentista Barroco Modernista

Historia Introdución Divisas substituídas polo euro Moeda Código Tipo decambioOs tipos de cambio irrevogables entre as 11 divisas integradas inicialmente no euro foron fixados o 1 de xaneiro de 1999, en virtude do REGLAMENTO (CE) No 2866/98 DEL CONSEJO, de 31 de diciembre de 1998 (pdf) Irrevoga­bilidadedo tipo de cambio Aban­dono: xilin austríacoATS 2002 : franco belgaBEF 2002 : florín neerlandésNLG 2002 : marco finlandésFIM 2002 : franco francésFRF 2002 : marco alemánDEM 2002 : libra irlandesaIEP 2002 : lira italianaITL 2002 : franco luxemburguésLUF 2002 : franco monegascoMCF 2002 : escudo portuguésPTE 2002 : lira sanmarinesaSML 2002 : peseta españolaESP 2002 : lira vaticanaVAL 2002 : franco francésADF 2002 : Peseta española ADP 2002 : dracma grego GRDGrecia non cumpriu os criterios de adhesión inicial, polo que non se incorporou á moeda común o 1 de xaneiro de 1999. Admitiuse dous anos máis tarde, o 1 de xaneiro de 2001, cun tipo de cambio da dracma grego (GRD) de . 2002 : tólar esloveno SITO tipo de cambio final foi acordado o 11 de xullo de 2006. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que o tólar esloveno foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2007. 2007 : libra chipriota CYPO tipo de cambio final acordouse o 10 de xullo de 2007. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a libra chipriota foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2008. 2008 : lira maltesa MTLO tipo de cambio final acordouse o 10 de xullo de 2007. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a lira maltesa foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2008. 2008 : coroa eslovaca SKKO tipo de cambio final acordouse o 8 de xullo de 2008. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a coroa eslovaca foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2009.0 2009 : coroa estoniana EEKO tipo de cambio final acordouse o 13 de xullo de 2010. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a coroa estoniana foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2011. 2011 : lats letón LVLO tipo de cambio definitivo acordouse o 9 de xullo de 2013. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que o lats letón foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2014.0 2014 : litas lituano LTLO tipo de cambio definitivo acordouse o 23 de xullo de 2014. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que a litas lituana foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2015. 2015 : kuna croata HRKO tipo de cambio definitivo acordouse o 10 de xullo de 2020. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que o litas lituano foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2023. 2023 O euro foi establecido polas disposicións do Tratado de Maastricht de 1992 (oficialmente, Tratado da Unión Europea ou TUE). Para participar na moeda, os estados membros deben cumprir criterios estritos, como un déficit inferior ao 3% do seu PIB, unha proporción de débeda inferior o 60% do PIB (ambos os cales finalmente foron amplamente ignorados tras a súa introdución), unha inflación baixa e unhas taxas de interese próximas á media da UE.

O esperantista belga Germain Pirlot, antigo profesor de francés e historia, foi quen deu nome á nova moeda ao enviar unha carta ao entón Presidente da Comisión Europea, Jacques Santer, suxerindo o nome de "euro" o 4 de agosto de 1995.

Debido ás diferenzas nas convencións nacionais sobre o arredondamento e cifras significativas, toda conversión entre as moedas nacionais tivo que realizarse mediante o proceso de triangulación a través do euro. Á dereita figuran os valores definitivos do euro en función dos tipos de cambios cos que as distintas moedas entrarón no euro.