Bernard Makuza, nado en Butare o 30 de setembro de 1961, foi primeiro ministro de Ruanda dende o 8 de marzo de 2000 até o 6 de outubro de 2011.
Traxectoria De etnia hutu, Makuza era membro do Movemento Democrático Republicano cando foi acusado de promover o xenocidio no país. Deixou de ser membro do partido antes de converterse en Primeiro Ministro, declarándose independente.
Previamente ao seu nomeamento como primeiro ministro, foi embaixador en Burundi e en Alemaña. Foi nomeado polo presidente Pasteur Bizimungu despois da destitución do antigo xefe de goberno Pierre-Célestin Rwigema, que fora duramente criticado pola prensa ruandesa e outros parlamentarios. Na última reorganización ministerial realizada polo presidente Paul Kagame, en marzo de 2008, Makuza foi confirmado no cargo. En outubo de 2011 foi substituído no seu cargo por Pierre Habumuremyi.
Notas
Categoría:Primeiros ministros de Ruanda Categoría:Nados en Ruanda Categoría:Nados en 1961