Aceituna (en estremeño: Azituna) é un concello estremeño na provincia de Cáceres, España, que contaba no 2006 con 618 habitantes. Aceituna foi fundada no século XIII como aldea do Señorío de Galisteo e emancipouse como concello en 1837, cando o resto dos lugares do señorío.
Limita ao norte con Santa Cruz de Paniagua, polo sur con Montehermoso, polo oeste Pozuelo de Zarzón e polo oriente linda con Santibáñez el Bajo e Valdeobispo.
Todos os regatos de Aceituna van para ao río Alagón, que marca o límite dos termos municipais de Aceituna e Valdeobispo. Os regatos máis importantes que pasan polo concello son os de Aceituna, Higaleja e Ribera del Bronco.
No sur do concello atópase o encoro de San Marcos, no arroio de Aceituna. Outro encoro é a presa de Valdeobispo, no seu límite con Valdeobispo.
No seu territorio encóntranse ademais varias lagoas, como a Lagoa Maruguero, a Lagoa Nueva, a Lagoa del Manzano, a Lagoa Chavarcón, a Lagoa Chica, a Lagoa de los Tejares etc.
Demografía
Festas San Sebastián, 20, 21 e 22 de xaneiro. Santa Mariña (18 de xullo) Festa dos Quintos As Alborás
Categoría:Concellos da provincia de Cáceres