Walter Gerardo Pandiani Urquiza, coñecido tamén como O Rifle, nado en Montevideo o 27 de abril de 1976, é un exfutbolista e adestrador uruguaio. Xogaba na posición de dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Dende xullo de 2021 adestra o Atlético Cerro, da Segunda División do Uruguai.

Traxectoria Naceu en Montevideo e ten ascendencia italiana, pois un dos seus avós, Giuseppe Bautista Pandiani, era natural da provincia de Pavia, na Lombardía.

Comezou xogando no seu país, no CA Basañez e CA Peñarol entre 1994 e 2000, para despois dar o salto a Europa fichando polo Deportivo da Coruña durante 2 temporadas, cun ano cedido no Real Mallorca, con cal gañaría a Copa do Rei.

Á temporada seguinte volveu ao Deportivo, aínda que, debido ás diferenzas co club e o seu adestrador, Javier Irureta, foise a Inglaterra a xogar cedido no Birmingham City na temporada 2005-2006. Tras un grande debut no seu primeiro partido, o club ofreceulle contratalo o seguinte verán, pero ao non manter o seu bo rendemento volveu a España, esta vez fichando polo RCD Espanyol, con quen gañaría unha Copa do Rei e lograría un subcampionato na Copa da UEFA, edición na que logrou ser o máximo goleador.

En xullo de 2007 fichou polo CA Osasuna por 3 temporadas, a onde chegou para completar a dianteira rojilla e achegar calidade e experiencia ao equipo.

Na tempada 2011–12 fichou novamente polo RCD Espanyol."El Espanyol ficha a Pandiani por una temporada"

Selección nacional Foi internacional coa selección uruguaia en catro ocasións, pese a ser convocado máis veces.

Como adestrador Comezou a súa carreira como adestrador en Cataluña, adestrando os equipos xuvenís do Masnou, onde xogaban os seus dous fillos. En 2016 adestrou durante uns meses o primeiro equipo, e posteriormente exerceu como adestrador nas canteiras do Europa e o Hospitalet. En 2018 obtivo a licenza de adestrador UEFA Pro tras asistir ao curso da Federación Española, onde tivo como profesor ao futuro seleccionador español e campión da Eurocopa Luis de la Fuente.

En xullo de 2019 colleu as rendas do Lorca FC, na Terceira División, pero dimitiu en decembro xunto a todo o corpo técnico, por problemas coa directiva do club. En agosto de 2020 converteuse no director de canteira do Dibba Al-Hisn, dos Emiratos Árabes Unidos, e pouco despois foi ascendido a adestrador do primeiro equipo, na segunda división do país.

En xullo de 2021 regresou ao seu país, como adestrador do Club Altético Cerro, na segunda división.

Palmarés Peñarol Liga do Uruguai: 1999

Deportivo Copa do Rei: 2001–02 Supercopa de España: 2000, 2002

Mallorca Copa do Rei: 2002–03

Espanyol Copa do Rei: 2005–06

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en tenfieldigital.com.uy Datos do xogador en soccerbase.com

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Uruguaios de ascendencia italiana Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Xogadores do CA Progreso Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Birmingham City FC Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Miramar Misiones Categoría:Adestradores de fútbol do Uruguai Categoría:Adestradores do Lorca FC Categoría:Adestradores do CA Cerro