Lassad Hassen Nouioui (en árabe: لسعد النويوي) nado en Marsella o 8 de marzo de 1986, é un ex-futbolista franco-tunisiano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección tunisiana.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores de diversos equipos franceses, Lassad firmou o seu contrato como profesional na temporada 2008/09 co Deportivo da Coruña, tras xogar no seu filialwww.canaldeportivo.com "Lassad firmou esta noite o seu contrato profesional co Dépor", artigo en Canal Deportivo.. Debutou co Deportivo na vitoria 3-0 contra o Villarreal CF, substituíndo a Riki. No seguinte partido forzou o penalti do empate a un contra o RCD Mallorca. O seu primeiro gol en Primeira División marcouno o 5 de abril de 2009 contra o RCD Espanyol.
Tras finalizar a tempada 2011–12 desvinculouse do Deportivo ao non renovar o seu contrato. O 2 de setembro de 2012 firmou co Celtic F.C. escocés por dúas tempadas.
O 1 de febreiro de 2018 fichou polo CD Toledo, de Segunda División B, até o final da tempada 2017–18. En abril sufriu un paro cardiaco durante un adestramento, anunciando un mes máis tarde o seu retiro do fútbol.
Selección nacional Foi seleccionado para as roldas clasificatorias do Mundial 2010 que disputou Tunisia.
Palmarés Deportivo Segunda División: 2011–12
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Futbolistas de Tunisia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AC Ajaccio Categoría:Xogadores do Châteauroux Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Celtic FC Categoría:Xogadores do FC Arouca Categoría:Xogadores do FC Tokyo Categoría:Xogadores do CD Toledo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Tunisia