Manuel Roberto Mariño Fernández, nado en Verín o 3 de maio de 1945, é un deseñador de moda galego, máis coñecido como Roberto Verino.

Traxectoria Adquiriu os seus coñecementos en París, e en 1982 sacou unha colección de prêt-à-porter de muller que tivo éxito, e dende aquela tivo sempre un oco dentro do mundo da moda. Paralelamente tamén creou o seu tecido empresarial de carácter internacional, tendo tendas de roupa en París, en Madrid, en Lisboa, así como tamén ten un perfume, Eau de Verino, ou produce viños, Terra do Gargalo, coa Denominación de Orixe Monterrei.

En 2022 ingresou como académico numerario da Sección Artes da Imaxe da Real Academia Galega de Belas Artes. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Perfil en galegos.info Páxina web

Categoría:Deseñadores de moda de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Verín Categoría:Empresarios do sector téxtil Categoría:Nados en 1945 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes