El Heraldo de Verín foi un periódico semanal editado en Verín entre 1911 e 1946.

Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses del distrito e despois Semanario independiente, o primeiro número apareceu o 17 de outubro de 1911. Fundado e dirixido por Laureano Peláez Canellas, foi despois dirixido por Eladio Fuentes Cid e finalmente (en 1945-46) tivo unha breve reaparición como quincenario da man de Joaquín Nieves López. Entre os seus colaboradores destacan Eloy Luís André, Francisco Álvarez de Nóvoa e Xesús Taboada Chivite. Sostivo polémicas con El Miño de Ourense e Nuevo Támega.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Verín Categoría:1911 en Galicia