Cristian Hidalgo González, nado en Barcelona o 21 de setembro de 1983, é un futbolista español. Xoga de centrocampista.
Traxectoria Nado en Barcelona, formouse no CE Sant Gabriel e despois nos xuvenís do FC Barcelona. Na tempada 2003–04, do seu debut co FC Barcelona B, anotou tres goles e catro na campaña seguinte, xogando como dianteiro. Pero os seus adestradores no Barça B cambiaron o seu rol ao de extremo, adaptándose moi ben a esta posición, rematando a tempada 2005–06 marcando once goles.
Na tempada 2006–07 fichou polo Deportivo da Coruña, debutando en Primeira División da man do adestrador Joaquín Caparrós na primeira xornada do campionato, nunha vitoria en Riazor fronte o Real Zaragoza (3–2). Foi un habitual no ataque coruñés nesa campaña, xunto a Riki e Javier Arizmendi, e logrou o seu primeiro gol nunha vitoria fronte o Real Madrid en Riazor (2–0). Permaneceu no club coruñés tres campañas.
En 2009 fichou polo Hércules CF. En marzo de 2012, tras pasar dúas tempadas no Hércules, fichou polo Elche CF.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Alki Larnaca FC