miniatura|Cacharela na noite de san Xoán.O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xuño na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
As celebracións populares máis importantes deste mes coinciden coa festividade do Corpus e coa noite de San Xoán, noite máxica por excelencia. No primeiro caso, cómpre destaca-las alfombras de flores que se constrúen en diversas localidades galegas, especialmente Ponteareas. Tamén, a festividade do Boi de Allariz. As cacharelas de San Xoán celébranse en practicamente toda Galicia.
Non son estas as únicas festas que se celebran no mes de xuño, e así pódense citar tamén a romaría do Corpiño en Lalín ou as festas de San Pedro e San Paulo.
A noite de San Xoán
A noite de San Xoán, coincidindo co solsticio de verán, celébrase desde antigo en toda Galicia. O costume máis estendido é o das fogueiras, cachelas ou cacharelas de San Xoán: grandes lumes que se plantan en diversos lugares e que convocan ó seu redor ós veciños para comer sardiñas, beber viño e, finalmente, saltar sobre a fogueira nun rito propiciatorio de boa fortuna para o resto do ano á vez que se di: ¡Sálvate, lume de san Xoán, pra que non che morda cadela nin can. Ultimamente estase estendendo o costume de repetir estas fogueiras na noite de San Pedro.
O orballo da noite de San Xoán é considerado bo remedio para cura-la sarna. Para iso, o enfermo ten que quedar totalmente espido e coloca-la roupa na póla dun carballo, contra o que se refrega ás 12 da noite. Logo debe bañarse nun río próximo ou tirarse a rolos sobre a herba húmida, e vestirse con roupa nova, deixando a vella na árbore. Noutras partes, dormen esa noite, tamén nus, entre o centeo.Lis Quibén (1949), p. 307 A auga de San xoán prepárase a véspera do día 24 coas herbas de San Xoán postas en auga ao orballo.
Existe a crenza de que no amencer do día de san Xoán baila o sol: San Xoán pideu a Cristo/ pra que non o adormentase/ para ver baila-lo sol/ no día da súa romaxe.
Outra tradición común nos mozos é a de facer trasnadas (cacenadas) durante a noite de san Xoán. Usualmente, recorríase o lugar collendo das casas os carros, arados e mesmo as portas para deixalas en calquera lugar de difícil acceso pero ben visibles, para maior vergonza do veciño que tiña que ir recupera-la súa propiedade ó día seguinte.
Debe terse coidado de non deixar sen tapar o leite muxido a véspera de san Xoán, para evitar que durante a noite veñan as meigas a lava-lo cu no leite. Tamén se protexe colocando un ramallo de flores en tódalas portas e ventás da casa e das cortesRodríguez López (1974), p. 195. miniatura|Flor da herba de san Xoán.
Léxico Flor de San Xoán: flor do salgueiro. Herbas de San Xoán: denominación común a diversas plantas aromáticas, coas que se prepara unha auga para lava-la cara na mañá do día de San Xoán, deixándoas macerar toda a noite anterior na ventá. Diversas herbas reciben o nome de herba de San Xoán. Perillote de San Xoán: variedade de pera, de pequeno tamaño pero saborosa, que madura neste mes. San Xoán: dedaleira (Digitalis purpurea), tamén chamada abrula, abeluria, estralote, seoane etc. ou, tecnicamente, dixital, unha planta coa flor en forma de dedil.
Refraneiro A auga en San Juan tolle o viño e non dá pan Real Academia Galega 2013, s. v. auga. Significa que a chuvia de xuño prexudica as viñas e os cereais.. A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan Rosario Soto Arias 2013.Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. A auga de san Xoán quita o viño e tolle o pan. A auga de San Xoán tolle o viño e non dá pan Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.. A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan. A auga por San Xoán tolle o viño e non dá pan. A chuvia por San Xoán tolle o viño e non dá pan. A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan Eladio Rodríguez González, s. v. mera. A mera é unha néboa espesa, húmida e baixa.. A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan Refírese á arada que cómpre dar ás viñas neste mes. A sardiña en San Xoán xa molla o pan. A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan Lino Lema Bouzas, 2.. A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan. Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso Compogoso: Propicio, favorable, próspero. Quere dicir que a colleita nun ano así será abundante.. Abril, pendoril; maio, engraio; e san Xoán, segaio. Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio. Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá. ¡Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo. As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan. As trampas de san Xoán, por onde veñen van. As trampas de san Xoán saen pola man. Ata o san Pedro, o viño ten medo. Ata san Xoán non te quíte-lo gabán. Auga de san Xoán, tolle viño e non dá pan. Auga entre maio e xuño, vale máis cós bois e o xugo. Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán.. Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoan Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.. Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño. Chuvia en San Xoán, tolle viño e non dá pan Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: San juan, tòlle, da.. Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (mes no que adoita caer o Día da Ascensión) e setembro (San Miguel).. Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ó can. Como sempre, detrás de maio vén san Xoán. Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán Eladio Rodríguez González, s. v. pan. Dazasete de xaneiro, San Antonio verdadeiro; día trece de San Xoán, San Antonio mentirán San Antón verdadeiro é San Antón Abade, o lacoeiro e protector dos animais; e San Antón mentirán é San Antonio de Padua, o de Lisboa, o casamenteiro. Fonte: Elixio Rivas Quintas (1978).. De San Xoan a San Pedro, cinco días van no medio . De San Xoán prás Navidás, os días van pra atrás. De San Xoan, Santiago i Agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a Marzo estarei ó voso lado Elario Rodríguez González, s. v. muller.. Deica San Pedro o viño ten medo Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: tèn.. Detrás de maio vén san Xoán. Día de Corpus, miña comadre, pásache o touporroutou pola calle Eladio Rodríguez González, s. v. día.. Día de san Paio, a cegoña nos prados San Paio, 26 de xuño.. En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo gallo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoan para o can. En maio, inda queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para San Xoán a deixou Eladio Rodríguez González, s. v. maio.. En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo. En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo ó can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: mayo, ja sayo, San Juan, ao can, ja fuxo, ja pillo, i en agosto, ja son, bon.. En san Xoán, a fouce na man. En san Xoán, a mexada dun can . En san Xoán, a sardiña molla o pan. En San Xoán a sardiña pinga o pan Lino Lema Bouzas, 4.. En san Xoán, as nove co día dan. En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña. En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can. En san Xoán nin a mexeira dun can. En san Xoán, o raposiño come pola súa man. En san Xoán, o tempo aínda pon cara de can. En san Xoán, pés na cama, pé no chan. En San Xoán pinga a sardiña no pan (Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán.. En San Xoán seca a raíz o pan. En san Xoán, tanto queixo como pan Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohan, tato (sic).. En san Xoán, tanto viño como pan. En san Xoán, trompos no chan. En san Xoán, xa a sardiña molla o pan . En San Xoan xa fuxe o raposo ó can . Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra. Entre san Xoán e san Pedro, cinco días van no medio. Entre san Xoán e san Pedro, vén o pan ó vencello. Entre San Xoán e Santiago, Dios nos libre dun nubrado . Fogueira de San Xoán, que non pase cadela nin can. Frío por Nadal, calor desde san Xoán. Hastra o san Pedro, o viño ten medo Eladio Rodríguez González, s. v. viño.. Hastra San Xoán, toda a herba é pan Eladio Rodríguez González, s. v. pan, s. v. San Xoan.. Invernía de San Xoán, tolle o viño e non dá pan Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohan, da.. Lampreas en san Xoán, pra o can Maio longo, san Xoán redondo . Maio longo, san Xoán redondo; maio pardo, San Xoán craro. Maio pardo e san Xoán craro valen máis ca Señora e o carro Elixio Rivas Quintas (1978).. Maio pardo e san Xoan claro valen máis cós bois e o carro. Maio pardo e san Xoán claro valen máis que os bois e o carro. Maio, pardo; san Xoán, craro . Maio treboado, e San Xoán craro, fan un ano temperado . Maio turbio e san Xoán craro fan un ano moi temprado. Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan.. Marzo espigarzo, abril pendoril, en maio granado, en San Xoán segado. Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan, ayriña. Airiña, por eira.. Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, granado; san Xoán, curado; na santa Mariña, metelo na arquiña Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo.. Marzo pardo, san Xoán craro Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.. Na noite de san Xoán andan os probes pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño. Na noite de san Xoán andan os tolos pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño. No abril para min, no maio para o criado e no san Xoán o peixe para o can. No día de san Xoán baila o sol pola mañán . No mes de San Xoan, as nove con día dan . No mes de san Xoán secan as fontes e arden os montes. No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ó can. No san Xoán, a vella pregunta cando vén o verán. No san Xoán deixa o touciño e come pan. O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá. Ó cuco, san Xoán dálle a fala e san Pedro sácalla. O dez de san Xoán recolle a cuquela e o trinta se vai. O día de san Pedro vai ver o teu olivedo, e se ves un gran, espera un cento. O día de san Xoán, as fogueiras acesas están. O día de san Xoán créballe a primeira raíz ó pan, o día de san Pedro, créballe a do medio, e o día de santa Isabel ...¡fouciñas a el! Santa Isabel celébrase o 4 de xullo.. O día de san Xoán molla o viño no pan. O día de san Xoán, fogueiras ó chan. O día de san Xoán saen os cegoniños a voar. O día de san Xoanás, vin o rapaz. O día de san Xoaniño, vin o meniño.