Onésimo, finado cara ao 90 ou 95, tamén chamado Onésimo de Bizancio e O Sagrado Apóstolo Onésimo nalgunhas igrexas ortodoxas, foi un mártir do cristianismo.

Traxectoria Foi un servente de Filemón, personaxe importante e influente de Colosas de Frixia, convertido ao cristianismo por Paulo de Tarso. Onésimo cando fuxía da xustiza, por lle ter roubado ao seu amo; atopouse con Paulo, quen se achaba entón prisioneiro en Roma. O Apóstolo converteuno ao Cristianismo, bautizouno e enviouno á casa de Filemón cunha carta de recomendación, que dicía o seguinte:

Segundo parece, Filemón perdoou e concedeulle a liberdade a Onésimo por se ter arrepentido, e mandouno a reunirse de novo con Paulo. Segundo conta Xerome de Estridón, Onésimo volveuse un predicador cristián e logo chegou a bispo de Éfeso por orde do Apóstolo Paulo. Posteriormente, Onésimo foi apresado e levado a Roma, onde morreu lapidado.

Venerado como Santo, a súa festa é o 15 de febreiro na Igrexa Católica.

Véxase tamén Outros artigos Carta a Filemón

Ligazóns externas Onésimo na páxina web do Patriarcado Ecuménico (en grego).

Categoría:Patriarcas de Constantinopla até 451 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido