Vila de Rei é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. No ano 2022 tiña 136 habitantes, dos cales 73 eran homes e 63 mulleres.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Patrimonio No lugar do Castelo estaba a Fortaleza de Canderrei, punto de vixilancia da lagoa de Antela canda as torres de Sandiás, Porqueira e A Pena. No ano 1037 aparece citado como Castello Kenderedi. No ano 1100 foi doado por Onega Fernández ao abade Pedro de Celanova. No lugar existe hoxe unha capela consagrada á Virxe dos Remedios, de estilo barroco.

Demografía

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Vila de Rei

Parroquias de Trasmiras

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Trasmiras

Categoría:Parroquias de Trasmiras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador