El bosque animado é un filme de cinema español dirixido en 1987 por José Luis Cuerda. A película está baseada na novela homónima do galego Wenceslao Fernández Flórez. Foi rodado no concello de Sobrado.

Trama O argumento da historia transcorre nun bosque fantástico dunha aldea galega do rural "naqueles anos nos que unha galiña custaba dúas pesetas e o bosque de Cecebre era máis extenso e máis frondoso". As personaxes da película: un bandido que intenta asaltar algo, un poceiro coxo, unha ánima en pena, unha muller farta da explotación laboral á que a súa tía somete e que decide buscarse a vida pola cidade, un meniño rebuldeiro cunha irmá tamén cativa que traballa máis que dorme, unhas solteironas da capital (Amparo Baró e Alicia Hermida) que foron á aldea para se relaxar, o cura, o garda civil e o señor do pazo chamado o D'Abondo.

Intérpretes Alfredo Landa como Malvís (bandido Fendetestas) Alejandra Grepi como Hermelinda Tito Valverde como Geraldo Paco Cambres como Cura Óscar Domínguez como Javier Fernando Rey como Sr. D'Abondo Paca Gabaldón como Sra. D'Abondo Silvia Lurueña como Rosiña Laura Cisneros como Pilara Encarna Paso como Juanita Arruallo José Esteban Alenda como Fuco Luma Gómez como Marica da Fame Amparo Baró como Amelia Roade Manuel Alexandre como Roque Freire Luis Ciges como Loco de Vos Miguel Rellán como Fiz de Cotovelo Mabel Rivera como Sra. Gundín María Isbert como Moucha

Palmarés cinematográfico Foi galardoada con 5 Goyas.

II edición dos Premios Goya Categoría Persoa ResultadoMellor películaGañadoraMellor actor protagonistaAlfredo LandaGañadorMellor guiónRafael AzconaGañadorMellor música orixinalJosé NietoGañadorMellor fotografíaJavier AguirresarobeCandidatoMellor dirección artísticaFélix MurciaCandidatoMellor deseño de vestiarioJavier ArtiñanoGañadorMellor sonBernardo MenzEnrique MolineroCandidatos

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do filme en imdb.com Datos do filme en filmaffinity.com

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por José Luis Cuerda Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película