Os xogadores de naipes é unha tea do pintor francés Paul Cézanne, coñecido como Les Joueurs de cartes. Está realizado en óleo sobre lenzo. Mide 47,5 cm de alto e 57 cm de largo. Foi pintado entre 1889 e 1892. Actualmente, atópase no Museo de Orsay, París, Francia.
Sobre o mesmo tema do partida de cartas, Cézanne pintou cinco cadros diferentesChrista von Lengerke, «Del Impresionismo al Art Nouveau» en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, pág. 510, ISBN 3-8228-4744-5, toda unha serie, entre 1890 e 1896.P. F. R. Carrassat, Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2005. ISBN 84-8332-597-7 Comezou a tea estando en Suíza e rematouna en Aix-en-Provence.
Este lenzo pertence á época de madureza (década de 1890) na que Cézanne produciu os seus principais lenzos. Exemplifica os cadros nos que os personaxes están fortemente ancorados no seu decorado. É un período no que Cézanne foi convidado a expor co grupo Les XX en Bruxelas e, máis tarde, celebrou a súa primeira exposición en París.L. Cirlot (dir.), Museo d’Orsay, Col. «Museos del Mundo», Tomo 8, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3811-6, págs. 166-167
Todos os volumes están definidos de xeito xeométrico, o que confire aos dous personaxes unha dignidade clásica. Son dous campesiños que xogan ás cartas, cunha botella de viño no medio, na que se reflicte a luz Distorsionando a visión perspectiva, Cézanne logra obter o máximo grao de centralidade, que resulta incrible nunha escena de vida. Toda a tea está construída con tons das cores azul, amarelo e vermello. Esta restrición cromática «intensifica a sensación de austeridade formal». As pinceladas preséntanse solitarias e sintéticas, como o reflexo sobre a botella ou o sinxelo trazo que describe o ollo do xogador da dereita. Pinta coa técnica do facetado, o que é evidente na cara do xogador da esquerda. Este leva un chapeu de forma cilíndrica, o que lembra a afirmación de Cézanne de que
No cadro de Cézanne, non só achega unha impresión, senón tamén unha descrición do senso interno da acción, como se fose a síntese destinada a permanecer na mente, case calcificada e baixo a forma da lembranza.
Notas
Xogadores