Festus Gontebanye Mogae, nado en Serowe o 21 de agosto de 1939 e finado en Gaborone o 8 de maio de 2026, foi un economista e político botswaniano, que foi o terceiro presidente de Botswana, dende 1998 ata 2008.

Despois de realizar os seus estudos de economía na Universidade de Oxford, Mogae converteuse en funcionario nalgunhas institucións financeiras tales como o FMI e o Banco de Botswana. Foi nomeado vicepresidente de Botswana en 1992, durante o goberno de Quett Ketumile Joni Masire, a quen sucedeu no poder o 1 de abril de 1998.

Notas

Categoría:Presidentes de Botswana Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford