O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario Constantino García González..

Tradicións Chámase Cordonazo de San Francisco á aparición de fríos, choivas e treboadas que adoitan producirse no cambio do verán ó outono, ó redor do equinoccio de outono. Crese popularmente que se deben a que o santo azouta as nubes co seu cordón: lémbrese que San Francisco se representa co seu hábito de franciscano atado na cintura cunha corda con tres nós.

Vicente Risco conta como San Francisco enganou ó demo deixándoo abandonado nunha illa deserta, sen forma de saír de alí. O demo, como cabe supoñer, alporízase pero non pode facer outra cousa que blasfemar e berrar ós barcos que ve pasar ó lonxe para que digan ó Barbanzas que aínda segue esperando por el. E Risco engade: "Son tantas as blasfemias que bota o demo burlado, que tódolos anos, San Francisco ten que bater nas nubes co seu bordón, co que levanta as treboadas do 'cordonazo de San Francisco'''".Vicente Risco: Satanás. Historia del diablo. Nigra Trea, Vigo 2003 (en castelán no orixinal). Edición a cargo de Xosé Ramón Mariño Ferro.

Refraneiro A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove. A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón San Simón apóstolo, 28 de outubro.. A verdura en outono cómea o seu dono. Áncoras ó fondo, que chega San Simón. Arriba, putas, que aí veñen as san Lucas San Lucas é o 18 de outubro e en Mondoñedo celébranse as festas patronais. As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son. As avenidas de San Simón, sonadas son. As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois. miniatura|250px|En outubro, a terra esterca e cobre. Auga de outono mata ó seu dono Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón Referido ás mareas vermellas do mexillón, que comezan nestas datas.. En outubro, a terra esterca e cobre. En octubre, a terra estercola e cobre. En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa San Francisco, 4 de outubro.. En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo Eladio Rodríguez González, s. v. setembre.. Na semana de san Lucas, suca, boi, suca Rosario Soto Arias 2013.. O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez. San Lucas celébrase o 18 de outubro. Fonte: Eladio Rodríguez González, s. v. día.. O que deixa a Coaresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa. Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote Os Remedios, o segundo domingo de outubro; san Roque, o 16 de agosto. Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar A Virxe do Pilar, 12 de outubro.. Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar. Polo San Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas Eladio Rodríguez González, s. v. porco.. Polo san Lucas saben ben as uvas. Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas Eladio Rodríguez González, s. v. San Lucas.. Polo san Simón, áncoras ó fondón. Polo san Simón apreta o baldón Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois polo que se bota o viño. San Simón, 28 de outubro. Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño Eladio Rodríguez González, s. v. viño.. Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non. Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin dá estopa nin estopón. miniatura|250px|Polo san Simón apreta o baldón. Por san Francisco, risco, risco. Por san Luca alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba. Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas San Xudas, 28 de outubro. Por san Quintín castañas ó rolín San Quintín, 31 de outubro.. Por san Simón a xeira do cogordón Refírese a que comeza a tempada de ir ós cogomelos.. Por san Simón cada moneda vale un doblón. Por San Simón, camiñar si, navegar non. Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas San Simón e San Xudas celébranse o 28 de outubro.. Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas. Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas. Por san Simón, aperta o baldón. Por san Simón o néspero se repón. Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son. San Francisco fai a rela, San Xosé lévaa. San Francisco trae a vela, San Xosé lévaa. San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Así como eles son santos, traian os trebóns mansos Non parece lóxico relacionar ó San Pedro de xuño coas tormentas, polo que este refrán debe referirse San Pedro de Mezonzo, que se celebra o 10 de setembro. Hai outros San Pedro pero máis lonxe de San Simón (18 de outubro).. San Simón, apreta o baldón. San Simón proba o viño e o porco san Martiño. San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón. Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.

Cantigueiro Naquela banda do río,/ ten meu pai un castiñeiro,/ bota castañas no outono/ uvas no mes de xaneiro. Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio Refírese, como a seguinte, á igrexa de Santa María de Iria Flavia, coñecida popularmente como Adina.. Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.. San Simón, san Simonciño,/ bendíceme este cordón/ que dá nove voltas/ ó redor do corazón.

Notas

Véxase tamén Bibliografía ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904. GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985. FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986. MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977. MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370. ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares galegos''. Galaxia, Vigo 1972.

outubro Categoría:Outubro