A ablación endometrial é unha técnica cirúrxica que consiste en extirpar ou destruír a mucosa endometrial do útero da muller, o método comezou a utilizalo Goldrath en 1979 cun hiteroscopio con láserMichael J. O'Dowd e Elliot Elias Philipp The History of Obstetrics and Gynaecology. Informa Health Care, 2000, páxina 429, perfeccionouse na década de 1990.Margaret Rees et al. The Abnormal Menstrual Cycle. Taylor & Francis, 2005, páxina 145

Características Emprégase en mulleres que sofren un excesivo ou prolongado sangrado durante o seu ciclo menstrualTamara L. Callahan e Aaron B Caughey Blueprints Obstetrics and Gynecology. Lippincott Williams & Wilkins, 2008, páxina 235 e ss. e que non poden ou non queren someterse a unha histerectomía, a técnica está contraindicada para aquelas mulleres que queiran quedar preñadas. Existen diversas modalidades de ablación, fotovaporización con láser, coagulación diatérmica con eléctrodo rodante, radiofrecuencia, crioablación e asa diatérmicaPaula Adams Hillard The 5-Minute Obstetrics and Gynecology Consult, Lippincott Williams & Wilkins, 2008, páxina 492. As principais complicacións son hemorraxia, perforación uterina ou doutros órganos pelvianos, infecciónsElizabeth Gangar e Vicki Allanach Gynaecological nursing. Elsevier Health Sciences, 2001, páxina 344 e segundo o estudo MISTEOTLE do Reino Unido, sobre 10.686 intervencións houbo dúas mortes, cunha taxa de complicación no postoperatorio do 0.77 ao 1,51% e a máis longo prazo do 1.25 ao 4,58%Bruce R. Carr et al. Essential reproductive medicine. McGraw-Hill Professional, 2004, páxina 479

Notas

Categoría:Xinecoloxía