Kelly Madison, nada o 26 de agosto de 1967 é unha actriz e directora porno estadounidense, sendo ben coñecida dentro do mundo da pornografía polos seus grandes seos naturais. É fundadora, xunto co seu marido Ryan, da produtora 413 Productions.
Traxectoria O pai de Madison era actor e figurante, e súa nai era contable; ten dúas irmás máis vellas. É curmá da tamén actriz porno Janine Lindemulder. Inspirada pola carreira pornográfica da súa curmá, comezaron en Internet o negocio pornográfico coa súa web persoal, vencendo os problemas iniciais porque ela comezou tarde na pornografía, e ademais nunca posara espida.
Kelly Madison coñeceu o seu marido con 33 anos, sendo vicepresidenta de vendas e el un mozo deseñador gráfico de só 22. A pesar da diferenza de idade e de que ela estaba a piques de casar con outro home, acabaron namorando, fuxindo para casar.
Madison Categoría:Nados en 1967 Categoría:Actrices de porno heterosexual Categoría:Nados no condado de Orange, California