Hubert Blaine Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff, Sr. (Wolfe+585, Senior) é a abreviación do nome dun home de Filadelfia que traballaba de tipógrafo, quen ten o nome de persoa máis longo de toda a historia. Actualmente é a persoa que ostenta o récord do mundo desde 1980. "585" representa o número de letras adicionais do seu nome completo (un total de 590). O seu nome completo, de 746 letras, é Adolph Blaine Charles David Earl Frederick Gerald Hubert Irvin John Kenneth Lloyd Martin Nero Oliver Paul Quincy Randolph Sherman Thomas Uncas Victor William Xerxes Yancy Zeus Apollo Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorffvoralternwarengewissenhaftschaferswessenschafewarenwohlgepflegeundsorgfaltigkeitbeschutzenvonangreifendurchihrraubgierigfeindewelchevoralternzwolftausendjahresvorandieerscheinenwanderersteerdemenschderraumschiffgebrauchlichtalsseinursprungvonkraftgestartseinlangefahrthinzwischensternartigraumaufdersuchenachdiesternwelchegehabtbewohnbarplanetenkreisedrehensichundwohinderneurassevonverstandigmenschlichkeitkonntefortplanzenundsicherfreuenanlebenslanglichfreudeundruhemitnichteinfurchtvorangreifenvonandererintelligentgeschopfsvonhinzwischensternartigraum, Senior.</blockquote>
Traxectoria Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff naceu en Bergedorf, Alemaña (preto de Hamburgo). Máis tarde emigrou aos Estados Unidos, onde se instalou en Filadelfia. Malia que o seu aniversario adoita darse coma o 29 de febreiro de 1904 informouse de que tiña 47 anos a mediados do ano 1964. Fíxose tipógrafo, "algo bastante lóxico" segundo Bennett Cerf. Foi membro da American Name Society durante moitos anos.
A primeira vez que o nome atraeu a atención foi cando apareceu na páxina 1292, columna 3, liña 3 do directorio telefónico de Filadelfia de 1938.
O seu fillo, Hubert Blaine Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff, Jr., naceu en Filadelfia en 1952, e foi capaz de pronunciar o seu apelido con tres anos. O encabezamento das cartas da familia usaba a forma "Hubert Blaine Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff".
Aparece en todas as edicións do Libro Guinness dos Récords de 1975 a 1985 como o home co nome máis longo do mundo, sendo fotografado para o libro en fronte dunha carpa da cidade de Nova York xunto ao seu nome, escrito incorrectamente. En 1983, só a forma de 35 letras do nome aparecía no Libro Guinness; a finais dos anos 80, a categoría desapareceu.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados en Hamburgo