San Pedro de Erbo foi unha parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 47 habitantes distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 2004 cando tiña 51 habitantes.
Historia San Pedro de Erbo foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de San Xoán de Palmou. Os veciños loitaron para sobrevivir como parroquia, chegando incluso a facer marchas a Lugo para impedir a supresión. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Erbo como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.
Estaba formada polos lugares de Corvillón, Erbo de Abaixo, Erbo de Arriba e Regufe.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Erbo
Parroquias de Lalín
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Erbo na web do concello de Lalín
Categoría:Antigas parroquias de Lalín Categoría:Parroquias galegas desaparecidas