miniatura|Fan da selección da India de crícket coa bandeira da India pintada no corpo.
Un fan (do inglés: fan [fæn], abreviatura de fanatic, fanático) é unha persoa que ten unha intensa e forte paixón por algún club deportivo, persoa (normalmente alguén de sona), grupo de persoas, produto, idea, creación artística etc. Nalgúns casos estas persoas levan este entusiasmo ata uns límites próximos á enfermidade, chegando a adquirir a súa idolatría un carácter obsesivo.
É habitual que os fans se organicen en clubs, organicen convencións ou xuntanzas, cren fanzines, e demais cousas co gallo de promover o obxecto de interese, reunirse con outras persoas que comparten esta paixón e exhibir publicamente estes gustos.
Véxase tamén Outros artigos Afeccionado
Categoría:Socioloxía