miniatura|dereita|Erección do pene A excitación é a primeira parte dunha resposta sexual.
Iníciase coa estimulación que pode ser física, psicolóxica ou unha combinación de ambas as dúas a través do olfacto, a vista, o tacto, o pensamento ou as emocións. En termos fisiolóxicos, relaciónase co fenómeno vasoconxestivo: fluxo de sangue en certas rexións do corpo, particularmente nos órganos pelvianos. As súas manifestacións fundamentais, que poden non ser instantáneas nin permanentes, son a erección do pene e a lubricación vaxinal. Así mesmo, ambos os dous sexos experimentan un aumento do ritmo cardíaco.
Notas
Categoría:Emocións Categoría:Sexualidade Categoría:Sexo