A Copa do Mundo de Rugby é a competición internacional máis importante do rugby. O evento está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, a World Rugby, e nel participan seleccións nacionais masculinas. O primeiro mundial foi celebrado en 1987, e dende entón se ven repetindo cada catro anos. O campión recibe a Copa Webb Ellis, bautizada co nome do lendario inventor do deporte do rugby William Webb Ellis.

Catro seleccións acadaron o campionato nas dez edicións disputadas, Suráfrica catro veces, Nova Zelandia tres veces, Australia dúas veces e Inglaterra unha vez. A vixente campioa é Suráfrica, que derrotou a Nova Zelandia na final de 2023.

A Copa do Mundo de Rugby está considerada o terceiro evento deportivo máis importante a nivel internacional despois dos Xogos Olímpicos e da Copa do Mundo de Fútbol"Events scores at Rugby WorldCup" From the World Trade Organisation to the Rugby World Cup: how the Wallabies can help Australia exports .

Formato As vinte seleccións que participan na Copa do Mundo están divididas en catro grupos de cinco equipos. Cada selección xoga un partido contra o resto dos equipos do seu grupo. As dúas seleccións que acadan máis puntos en cada grupo ó remate desta fase se clasifican para os cuartos de final.

As eliminatorias constan de cuartos de final, semifinais e final, e consisten en encontros únicos de eliminación directa. Nos cuartos de final o equipo gañador pasa a semifinais, e o perdedor queda eliminado. Nas semifinais o equipo gañador pasa á final, e o perdedor pasa a disputar o encontro polo terceiro e cuarto posto.

As edicións de 1987, 1991 e 1995 contaron con dezaseis equipos participantes. Dende 1999 foron vinte os equipos participantes. Está programado que dende a edición de 2027 a cifra de equipos participantes sexa de vinte e catro.

Resultados Foron vinte e seis as seleccións que participaron nas dez edicións disputadas da Copa do Mundo de Rugby entre 1987 e 2023. Das vinte e seis seleccións, trece acadaron a clasificación para os cuartos de final cando menos unha vez, tan só oito disputaron as semifinais, e unicamente cinco teñen xogado a gran final. Nova Zelandia estivo presente na metade das finais, gañando tres das cinco que disputou. Suráfrica tamén estivo presente na final da metade dos campionatos que disputou, que neste caso son oito, gañando as catro finais que disputou. Australia disputou catro finais gañando dúas, Inglaterra disputou catro finais gañando unha e Francia disputou tres finais sendo derrotada nas tres ocasións. EdiciónCampiónResultadoSubcampiónTerceiroResultadoCuartoMundial2023 Suráfrica|| 12 - 11Stade de FranceParís || Nova Zelandia||bgcolor=silver| |Inglaterra|| 26 - 23Stade de FranceParís || Arxentina

|- align=center bgcolor=silver | ||bgcolor=silver| | || || ||bgcolor=silver|

|- align=center bgcolor=#eeeeee |Mundial2019||bgcolor=silver| |Suráfrica 32 - 12International StadiumIocoama Inglaterra Nova Zelandia 40 - 17Ajinomoto StadiumTokyo Gales Mundial2015 Nova Zelandia|| 34 - 17Twickenham StadiumLondres || Australia||bgcolor=silver| |Suráfrica|| 24 - 13London StadiumLondres || Arxentina

|- align=center bgcolor=silver | ||bgcolor=silver| | || || ||bgcolor=silver|

|- align=center bgcolor=#eeeeee |Mundial2011||bgcolor=silver| |Nova Zelandia 8 - 7Eden ParkAuckland Francia Australia 21 - 18Eden ParkAuckland Gales Mundial2007 Suráfrica|| 15 - 6Stade de FranceParís || Inglaterra||bgcolor=silver| |Arxentina|| 34 - 10Parc des PrincesParís || Francia

|- align=center bgcolor=silver | ||bgcolor=silver| | || || ||bgcolor=silver|

|- align=center bgcolor=#eeeeee |Mundial2003||bgcolor=silver| |Inglaterra 20 - 17Stadium AustraliaSydney Australia Nova Zelandia 40 - 13Stadium AustraliaSydney Francia Mundial1999 Australia|| 35 - 12Millennium StadiumCardiff || Francia||bgcolor=silver| |Suráfrica|| 22 - 18Millennium StadiumCardiff || Nova Zelandia

|- align=center bgcolor=silver | ||bgcolor=silver| | || || ||bgcolor=silver|

|- align=center bgcolor=#eeeeee |Mundial1995||bgcolor=silver| |Suráfrica 15 - 12Ellis ParkXohanesburgo Nova Zelandia Francia 19 - 9Loftus VersfeldPretoria Inglaterra Mundial1991 Australia|| 12 - 6Twickenham StadiumLondres || Inglaterra||bgcolor=silver| |Nova Zelandia|| 13 - 6Arms ParkCardiff || Escocia

|- align=center bgcolor=silver | ||bgcolor=silver| | || || ||bgcolor=silver|

|- align=center bgcolor=#eeeeee |Mundial1987||bgcolor=silver| |Nova Zelandia 29 - 9Eden ParkAuckland Francia Gales 22 - 21International StadiumRotorua Australia Palmarés

Estatísticas Máximos anotadores

Ensaios EnsaiosXogadorSelección15 Jonah Lomu Nova Zelandia15 Bryan Habana Suráfrica14 Drew Mitchell Australia13 Doug Howlett Nova Zelandia12 Adam Ashley-Cooper Australia11 Rory Underwood Inglaterra11 Joe Rokocoko Nova Zelandia11 Chris Latham Australia11 Vincent Clerc Francia10 David Campese Australia10 Brian Lima Samoa10 Shane Williams Gales

Puntos PuntosXogadorSelección277 Jonny Wilkinson Inglaterra227 Gavin Hastings Escocia195 Michael Lynagh Australia195 Handré Pollard Suráfrica191 Daniel Carter Nova Zelandia176 Owen Farrell Inglaterra170 Grant Fox Nova Zelandia163 Andrew Mehrtens Nova Zelandia156 Nicolás Sánchez Arxentina140 Chris Paterson Escocia136 Frédéric Michalak Francia135 Gonzalo Quesada Arxentina

Notas

Categoría:Copa do mundo de rugby