O Reino de Italia foi un estado creado por Napoleón Bonaparte en 1805 cando, despois da súa coroación como emperador transformou a República Italiana en Reino de Italia, autoproclamándose rei e nomeando vicerrei ao seu fillastro, Eugène de Beauharnais. Polo tanto foi un estado integrado no Primeiro Imperio Francés.
Abranguía principalmente as rexións italianas da Lombardía, a Emilia-Romaña e tamén, en menor medida, o Véneto e a Toscana.
O reino foi disolvido tras a abdicación de Napoleón en 1814 (e a inmediatamente posterior do seu xenro e vicerrei) como consecuencia da derrota final do emperador na batalla de Waterloo, que puxo fin ás Guerras Napoleónicas.
O Reino napoleónico de Italia foi considerado pola historiadora anglo-italiana Jessie White como o embrión do estado unitario italiano establecido en 1861.White Mario, Jessie (2016): Garibaldi ed i suoi tempi. Capítulo 2º. Charleston, South Carolina, USA: Nabu Press. ISBN 978-1-272-33143-6.Esta edición é unha reimpresión da 1ª edición, publicada en 1884 en Milán por Fratelli Treves.
Historia Primeiros anos miniatura|esquerda|230px|Napoleón Bonaparte, rei de Italia, por Andrea Appiani. miniatura|esquerda|230px|Eugènie de Beauharnais.
O 17 de marzo de 1805 foi creado o Reino de Italia e, o 26 de maio dese ano. Napoleón foi coroado como rei.
Napoleón, que se proclamara no Senado emperador dos franceses, facéndose coroar polo papa Pío VII, transformou a precedente República Italiana en Reino de Italia proclamándose rei.
A coroación de Napoleón como rei de Italia produciuse o 26 de maio de 1805 na Catedral de Milán (capital do Reino), coa antiga Coroa de Ferro dos soberanos longobardos custodiada na Catedral de Monza, pronunciando a famosa frase "Dio me l'ha data, guai a chi la tocca" (Deuma Deus, hai de quen a toque!).Dio me l'ha data, guai a chi la tocca, no Vocabolario on line Treccani.
O 5 de xuño foi nomeado vicerrei de Italia Eugène de Beauharnais, fillo da primeira esposa de Napoleón Xosefina, no que Bonaparte confiaba cegamente, e que estaba seguro de non ter que temer a consecución dos seus obxectivos políticos. O vicerrei estableceu a súa residencia en Monza.
Pola paz de Presburgo do 26 de decembro de 1805, Austria renunciou a Gorizia e á Provincia Véneta.
Pola convención de Fontainebleau, do 10 de outubro de 1807, o Reino de Italia napoleónico cedeu Monfalcone a Austria gañando a cidade de Gradisca.«Atti amministrativi di Gorizia», 1803-1809, bb. 102., vol. IV, páx. 764. Establecíase así a nova fronteira no río Isonzo. miniatura|280px|O Reino de Italia en 1807, cando incluía Istria e Dalmacia, antes na República de Venecia.
O Reino de Italia incluía a final do ano de 1806 todos os territorios adriáticos pertencentes á antiga República de Venecia, é dicir, tanto Istria como Dalmacia.
En 1808 o xeneral Marmont anexionou tamén o territorio da República de Ragusa. Durante case dous anos Ragusa (hoxe Dubrovnik) foi parte de Italia e, por decreto do gobernador Vincenzo Dandolo, o italiano, xa utilizado en séculos anteriores xunto co latín, foi a lingua oficial da administración e das escolas, como en toda a Dalmacia.
En 1809 foron separados do Reino os territorios de Istria, Dalmacia e das Bocas de Cátaro (ademais de Ragusa, recentemente incorporada) para formaren coas cidades austríacas de Gorizia e Trieste, baixo control francés, as Provincias ilirias, con capital na cidade eslovena de Liubliana, e que foron incorporadas ao Imperio francés.
En consecuencia, os límites do Reino de Italia chegaban ao río Isonzo e o norte de Bolzano (co Trentino enteiro). O vicerrei Eugène de Beauharnais opúxose rotunda, pero inutilmente, á cesión de Istria e Dalmacia ás Provincias ilíricas.Documento orixinal do vicerrei Eugène de Beauharnais .
O Consello do Estado miniatura|200px|A Coroa de Ferro dos longobardos. miniatura|200px|Moeda de 40 liras napoleónicas. O Consello do Estado foi o órgano central do Reino de Italia, constituído por Real Decreto do 9 de maio de 1805. Mediante unha disposición do 5 de xuño seguinte, foron delimitadas a súa organización e as súas competencias.
O Consello, presidido polo rei ou, na súa ausencia, por un Grande Oficial da Coroa, estaba constituído por altos funcionarios e asumía todas as competencias, pero a súa voz era soamente consultiva, xa que o poder executivo seguía estando firmemente nas mans do soberano.
Segundo o texto da Lei fundacional, o Consello debía estar formado por 35 membros elixidos e nomeados polo rei, entre os cales figuraban os Grandes Oficiais da Coroa, é dicir, o Chanceler de Xustiza Francesco Melzi d'Eril, o Gran Limosneiro e arcebispo de Rávena Antonio Codronchi, o Gran Mordomo Maior Guiseppe Fenaroli Avogadro, o Gran Chambelán Antonio Litta Visconti Arese e o Gran Escudeiro Carlo Montecuccoli Caprara.
Foron tamén chamados a formar parte do Consello os ministros e os membros do Consello Lexislativo. O órgano dividíase en cinco seccións: dereito, finanzas, guerra, interior e culto, aos que pertencían todos os membros, coa excepción dos Grandes Oficiais da Coroa e os ministros. Como Secretario foi designado Giuseppe Compagnoni. O Ministro de Xustiza foi Giuseppe Luosi, o primeiro promotor da codificación en Italia.
Do Consello do Estado, dotado dun Secretario Xeral e algúns substitutos, formaban parte tamén os mesmos ministros, que tamén podían asistir ás reunións dos Consellos dos Consultores, Lexislativo e dos Auditores, cando se trataban asuntos relativos aos seus departamentos.
O Consello de Estado declarouse cesado pola proclama do Comisario Plenipotenciario austríaco conde de Bellegarde, o 25 de xullo de 1814.Regno d'Italia - Archivi storici - Lombardia Beni Culturali .
A Garda Real Italiana Por iniciativa do Ministro da Guerra, o 17 de xullo de 1805, despois da proclamación do Reino de Italia, as Guardias de Honor cidadás foron disoltas co fin de establecer a "Guardia Real Italiana" nos territorios do novo Reino de Italia.
A Garda Real Italiana, armada con mosquetóns Charleville de 1777, estaba constituída po 6 rexementos de infantaría de liña, 3 rexementos de infantaría lixeira, un rexemento de infantaria dálmata, 2 rexementos de dragóns e 2 rexementos de cazadores a cabalo.
Un pequeno continxente de tropas italianas da Grande Armée, da "Guardia Real Italiana", participou nas Guerras Napoleónicas, en particular: en 1808, ao mando de Giuseppe Lechi, na Guerra da Independencia española; en 1809, nos Alpes, ao mando do vicerrei Eugène de Beauharnais, na campaña contra Austria, que se unira á Quinta Coalición, e e en 1812 na campaña de Rusia.
O pequeno continxente do Reino de Italia inicialmente operou unicamente en Italia canda as tropas francesas do mariscal André Masséna.Lucio Ceva (1976): "Questa era la Grande Armèe", na Storia Illustrata, páx. 56: «En 1805 o único "satélite" de relevo era o Reino de Italia, cuxo pequeno continxente actúa case exclusivamente en Italia mesturado coas forzas francesas do mariscal Masséna».
Caída
O Reino de Italia deixou de existir en 1814 co fin do período napoleónico. O 6 de abril de 1814, Napoleón declarou que estaba disposto a abdicar, acto que formalizou o día 11 no seu fillastro e vicerrei. O día 16 Beauharnais comunicou que concluíra un armisticio co mariscal de campo austríaco Heinrich von Bellegarde, aínda que esperaba que o seu trono se salvaría da derrota de Napoleón.
Despois dos disturbios milaneses do 20 de abril, co linchamento do Ministro de Finanzas Giuseppe Prina pola turba enfurecida, Beauharnais entendeu porén que non tiña o apoio da poboación. A xente identificábao cos detestados franceses e así, o 26 de abril abdicou, deixando o seguinte día Italia para retirarse ao exilio en Baviera cos seus sogros (estaba casado con Augusta de Baviera, filla de Maximiliano de Baviera, conde —e despois rei— de Baviera).
Pero o Congreso de Viena compensou a Eugène de Beauharnais, baixo os auspicios do tsar de Rusia, cun substancial patrimonio nas Marcas: 2.300 granxas e 137 palacios urbanos que foran expropiados durante o período napoleónico aos Estados Pontificios.
O 25 de maio, asumindo a Presidencia da Rexencia do goberno provisional, Heinrich von Bellegarde proclamou en Milán o cesamento legal do Reino.
Divisón administrativa
En 1806 o territorio do Reino de Italia foi dividido en seis Divisións Territoriais Militares con mando en Milán, Brescia, Mantua, Ancona, Venecia e Boloña.
O Reino de Italia, derivado inicialmente da República Cisalpina (resultado da fusión da República Cispadana coa Transpadana) e sucesivamente da República ItalianaUniversità di Pavia: Repubblica napoleonica d'Italia, foi obxecto de numerosas modificacións nas súas subdivisións. Isto foi debido á inestabilidade das súas fronteiras, que chegaron algúns anos até Cátaro (Kotor), no actual Montenegro). A última modificación foi a de maio de 1810.
No máximo da súa extensión na Península Itálica, en 1812, o Reino de Italia contaba con 24 departamentos:
miniatura|260px|República Cisalpina en 1799 (en verde). miniatura|260px|Departamentos do Reino de Italia en 1811 en rosa. (Para velos, agrandar o mapa).
Departamentos (Capital) Adda (Sondrio) Adige (Verona) Adriático (Venecia) Agogna (Novara) Alto Adige (Trento) Alto Po (Cremona) Bacchiglione (Vicenza) Basso Po (Ferrara) Brenta (Padua) Crostolo (Reggio Emilia) Lario (Como)) Mella (Brescia) Metauro (Ancona) Mincio (Mantua) Musone (Macerata) Olona (Milán) Panaro (Módena) Passariano (Udine) Piave (Belluno) Reno (Boloña) Roma (Roma) Rubicone (Forlì) Serio (Bérgamo) Tagliamento (Treviso) Tronto (Fermo)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Chandler, David G. (1995): The Campaigns of Napoleon. Nova York: Simon & Schuster, 1995. ISBN 978-0-02-523660-1. Fratesi, Mario (2004): Il Principe e il Papa. L'Appannaggio Beauharnais e lo Stato Pontificio, Editore Comune di Camerata Picena. Pagano, Emanuele (2007): Enti locali e Stato in Italia sotto Napoleone. Repubblica e Regno d'Italia, 1802- 1814. Roma: Carocci. ISBN 978-88-430-4310-1. Zaghi, Carlo (1989): L'Italia di Napoleone Roma: Ed. UTET Roma. ISBN 978-88-7750-111-1.
Outros artigos República Italiana (1802-1805) Guerras Napoleónicas Lira italiana napoleónica
Logazóns externas Napitalia. The Eagle in Italia , .
Categoría:Estados desaparecidos da Península Itálica Categoría:Guerras Napoleónicas Categoría:Historia contemporánea de Italia Categoría:Reinos antigos Categoría:Estados da Idade Contemporánea