Matsue (松江市, まつえし, Matsue-shi) é un concello e cidade da prefectura de Shimane no Xapón, capital da súa prefectura. Está situado na parte de San'in na rexión de Chugoku, ao leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Izumo, na illa de Honshu. Ten 530,28 km² de superficie, unha poboación de 195.017 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 368 hab./km².

O concello de Matsue limita cos concellos de Izumo, Hikawa, Unnan, Yasugi, Higashiizumo (que son da prefectura de Shimane); e Sakaiminato (este último é da prefectura de Tottori).

Universidades Universidade de Shimane (島根大学). Campus de Matsue.

Turismo 250px|thumb|Castelo de Matsue. Castelo de Matsue (松江城, まつえじょう)

Cidades irmandadas Dublín. Hangzhou. Cidade de Jilin. Nova Orleáns. Takarazuka. Yinchuan.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Matsue .

Categoría:Cidades do Xapón Categoría:Prefectura de Shimane Categoría:Rexión de San'in Categoría:Concellos do Xapón