A Selección de rugby da Arxentina, máis coñecida como Los Pumas, é a selección nacional de rugby da Arxentina. Actualmente, a pesar de que a Unión Arxentina de Rugby non posúe unha liga profesional, situación que cambiará no 2009, ocupa o quinto posto na clasificación mundial da IRBIRB Ranking , consultado a 5 de abril de 2009 . Actualmente, segundo esa clasificación, é a mellor selección de rugby en todo o continente americano, gañando até o momento en tódalas cinco edición disputadas do Campionato Panamericano de rugby e a integridade dos vinte e oito Campionatos Suramericanos que xogou excepto un en 1981, gañado por Uruguai.

Os Pumas disputaron até o mes de outubro de 2007 a suma de 279 partidos, dos cales gañaron 167, perderon 106 e empataron 6, o que dá un 59.86% de eficacia. Arxentina ostenta dúas marcas mundiais: son o equipo coa maior serie de vitorias consecutivas (20 entre 1960 e 1974) e posúen a maior marxe de puntos fronte a un rival (152 a 0 fronte a Paraguai o 1 de maio de 2002). Fronte ás nacións consideradas potencias deste deporte, Arxentina bateu a todas polo menos unha vez, coa excepción de Suráfrica e Nova Zelandia. O seu mellor resultado contra os All Blacks foi un empate obtido en 1985 en Buenos Aires, no estadio de Ferro Carril Oeste.

Rexistros Copa do Mundo de Rugby Participacións da Arxentina na Copa do Mundo. Edición Organizador Posto 1987 20px Nova Zelandia e 20px Australia Primeira fase 1991 20px Inglaterracoa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia Primeira fase 1995 20px Suráfrica Primeira fase 1999 20px País de Galescoa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia 1/4 Finalista 2003 20px Australia Primeira fase 2007 20px Franciacoa asistencia de País de Gales e Escocia Terceiro 2011 20px Nova Zelandia 1/4 Finalista 2015 20px Inglaterracoa asistencia do País de Gales -

The Rugby Championship

Notas

Arxentina, Selección de rugby de Categoría:Deporte na Arxentina