Hagi (萩市, はぎし, Hagi-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado no norte da prefectura e no oeste da rexión de Chūgoku, na zona de San'in, no extremo oeste da illa de Honshū. Ten 698,79 km² de superficie, unha poboación de 54.819 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 78,4 h/km².
Antes da Restauración Meiji, a prefectura de Yamaguchi coñecíase como Chouxuu (長州), provincias de Suou (周防国) e Nagato (長門国), entón chámase dúas provincias de Bouchou (防長), Hagi era capital de Chouxuu.
O concello de Hagi limita cos concellos de Nagato, Mine, Yamaguchi, Abu (que son de prefectura de Yamaguchi), de Tsuwano e Masuda (que son de prefectura de Shimane).
Xeografía Illa de Mishima (見島). Illa de Ooshima (大島). Illa de Aishima (相島). Illa de Hitsushima (櫃島).
Cidades irmandadas Kamakura-shi, prefectura de Kanagawa, Xapón. Shimoda-shi, prefectura de Shizuoka, Xapón. Wajima-shi, prefectura de Ishikawa, Xapón. Ulsan, Corea do Sur (1968).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hagi .
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Yamaguchi Categoría:Rexión de San'in