Hikari (光市, ひかりし, Hikari-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado no sueste da prefectura, na área da provincia histórica de Suō e ao oeste da rexión de Chūgoku, no extremo oeste da illa de Honshū. Ten 91,94 km² de superficie, unha poboación de 53.120 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 578 h/km².

Hikari limita cos concellos de Kudamatsu, Shūnan, Tabuse, Yanai e Iwakuni.

Economía Na zona costeira fórmase a zona industrial de Shūnan coas cidades veciñas de Kudamatsu e Shūnan.

Personaxes de sona Itō Hirobumi (伊藤 博文) - Foi samurai, político, e 1º, 5º, 7º e 10º primeiro ministro do Xapón Yōsuke Matsuoka (松岡洋右) - Foi diplomático e político, foi ministro de asunto exterior durante segunda guerra mundial Kenji Miyamoto (宮本顕治) - Foi político e secretario xeral e presidente do Partido Comunista Xaponés, tamén membro da Dieta na Cámara.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hikari .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Yamaguchi Categoría:Rexión de San'yō