Toyama (富山市, とやまし; Toyama-shi) é un concello e cidade da prefectura de Toyama no Xapón e capital da súa prefectura. Está situada ao norte da rexión de Chūbu e ao centro da rexión de Hokuriku e da prefectura, no centro da illa de Honshu. Ten 1.241,85 km² de superficie, unha poboación de 420.803 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 339 hab./km².
O concello de Toyama limita cos concellos de Imizu, Tonami, Nanto, Tateyama, Funahashi, Kamiichi, Namerikawa (que son da prefectura de Toyama); de Hida, Takayama (que son da prefectura de Gifu); e de Ōmachi (este último é da prefectura de Nagano).
A cidade de Toyama abrangue case un terzo de superficie da prefectura.
Universidades Universidade de Toyama (富山大学)
Cidades irmandadas Durham, Carolina do Norte. Mogi das Cruzes, Brasil Qinhuangdao, China
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Toyama . Sitio web oficial da cidade de Toyama .
Categoría:Prefectura de Toyama Categoría:Rexión de Hokuriku Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades do Xapón