miniatura|250px|Ovella en Oroso. miniatura|250px|Pequeno grupo de ovellas. A seguir recóllese a pegada da ovella na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Inclúese tamén a información recollida sobre o carneiro ou o año, así como sobre os produtos obtidos da ovella e, finalmente, a referida ó pastor.
A ovella, en Galicia, recibe tamén as denominacións de almella, beche e perica (esta, a ovella nova). O carneiro: bidente, perico ou, en Feás, ovello. E o año: andosco, añagotoSarmiento reserva este nome ó cabuxo., cordeiro, curcio ou roxelo (coas variantes recelo e rixelo) Andosco aplícase máis a un ovino de menos de dous anos, e roxelo cando é menor dun ano..
Unha ovella ruín, fraca, que vai perdendo a la, recibe os nomes de carriona, pandorca, rancaña e ranquela.
O rabaño de ovellas recibe os nomes de ovellume ou de res (res da aldea cando se aplicaba ó rabaño comunal, formado polas reses dos diferentes veciños), e o pastor que as coida recibe, ademais, os nomes de pegureiro e ovelleiro. Non era infrecuente que se pastoreasen vacas e ovellas mesturadas, recibindo estas o nome de ovella das vacas.
A ovella que dirixe o rabaño, que actúa como guía ou capitá recibe os nomes de ovella mestra ou ovella guía, así como andoriña.
Antigamente, os labregos que pastoreaban ovellas pagábanlles ós cazadores unha avinza anual, chamada carneiro do lobo, que consistía nun carneiro ó ano ou o seu valor en diñeiro en contraprestación polos lobos que aqueles mataban. Esta especie de imposto está documentado xa desde 1631, cando se describe "como de tiempo inmemorial", e semella máis un resto dos décimos que pagaban os campesiños ós seus señores .
Crenzas e supersticións miniatura|250px|Para desencantar un tesouro, hai que entregar un año branco ó mouro que o garda. Dise que a ovella delatou ao neno Xesús cando o buscaban os xudeus cando a matanza dos inocentes, ó contestarlles ¡belén!, ¡belén!. Por iso Deus castigouna con esta maldición: ¡Lobos te coman e que non te oia ninguén!, e por iso non berra cando a sacrifican ou a ataca o lobo Lémbrese que esta mesma idea está como base na película O silencio dos cordeiros'.</ref>.
Nalgúns puntos de Galicia crese que a Santa Compaña ía acompañada ou dirixida por un carneiro negro Eladio Rodríguez engade que "Algunos mitólogos creen que este carnero es el 'bode', y que este 'bode' era el Bodet o Wotan, de la cazata infernal".. Noutros casos é un can.
Outra crenza popular é a posibilidade de desencanta-los tesouros que os mouros enterraron nalgúns castros e castelos entregando ós gardiáns, sexan mouros ou xigantes, un año branco, sen mancha ningunha; nalgúns casos cítase a particularidade de que o año ten que te-los dentes negros.
En Mos (Pontevedra), curan a decipla (erisipela) untando a zona enferma cun hisopo feito cunha póla de uz e la de carneiro, que previamente mollaran en aceite da lámpada do Santísimo; no Porriño fan o hisopo con la ludrosa (sucia, coa graxa propia da ovella). Mesmo hai quen puntualiza que ten que ser de la de ovella viva.
En Río Barba (parroquia do concello do Vicedo, Lugo) exconxuran as lombrigas dos meniños con unto de porco, ferruxe e la cortada dos testículos dun carneiro Xosé Ramón Mariño Ferro: La medicina popular interpretada I, 218. Realmente, Mariño Ferro localiza este procedemento en "Narba (Lugo)", pero o Nomenclátor non recolle ningún lugar nin parroquia con ese nome e o máis parecido é este Río Barba..
miniatura|250px|Cornos en roda dun carneiro adulto. Na noite de San Xoán existe o costume de afuma-lo gando para protexelo do meigallo. Para iso fan anda-las ovellas ou as vacas entre as fogueiras para que lles dea ben o fume, despois de botar sobre as brasas herba verde ou terróns de terra para que boten máis fume.
Os cornos de carneiro son amuletos eficaces para protexe-lo gando do mal de olloTamén o son os cornos da vaca, e outras pezas equivalentes doutras especies, como os cairos do xabaril ou as mandíbulas (cornos) da vacaloura.. Colócanse na parte interior da porta das cortes ou fumíganse estas queimando nunha tixola un corno de carneiro xunto a loureiro bendito e xofre.
Léxico derivado miniatura|250px|Lingua de ovella (Plantago lanceolata) miniatura|250px|Carneiro ou berberecho rabioso (Venus verrucosa). miniatura|250px|Rabo de carneiro (Heliotropium europaeum). A palabra ovella designa tamén outras realidades por translación metafórica do seu aspecto ou do seu carácter: Nome que reciben os fieis respecto dos párrocos. Nalgunhas zonas de Ourense chaman ovellán ó bispo, segundo di Eladio Rodríguez. Persoa submisa, apoucada, pobre de espírito ou hipócrita, que se comporta cunha dozura e humildade excesivas. Año, nome da cría da ovella, designa tamén un home manso, dócil e humilde Real Academia Galega 1913..
E forma parte destoutras expresións: Esteada da ovella: aberta breve que nunca falta aínda que chova durante todo o día. Gromos de ovella: os abrochos tenros da silveira. Lingua de ovella: planta ventureira, de follas anchas e veludas, máis coñecida como correola ou chantaxe (Plantago lanceolata). Ovellado: dise do ceo cuberto con pequenas nubes agrupadas, a modo dun rabaño de ovellas. Disque anuncia chuvia ó día seguinte. Tamén se lle chama ceo de la, ceo de ovella, ceo a rocadas de la, ceo coma sebo de carneiro ou ceo de lombo de ovella. Rabo de ovella: variedade de uva branca. Eladio Rodríguez e Marcial Valladares din que resulta de pouco aprecio pero Cuveiro asegura que é de boa calidade.
Pola súa banda, a palabra carneiro tamén designa: Distintos tipos de moluscos mariños Carmen Ríos Panisse (1977), Constantino García González, Real Academia Galega 1913.: o berberecho (Cardium edule) pero, máis comunmentre, o denominado propiamente carneiro (Venus verrucosa), de cuncha grosa e costelas ben marcadas; tamén recibe os nomes de carneiro de altura, carneiro mariño, carneirolo ou cascarneiro. Aínda hai outro molusco semellante, aínda que máis escaso, o carneiro espiñudo ou berberecho bravo (Acanthocardia echinata, antes Cardium echinatum) Distintas especies de peixes Carmen Ríos Panisse (1977).: a pastinaca (Dasyatis pastinaca), a aguia mariña (Myliobatis aquila) ou o cabracho (Scorpaena scrofa). Ríos Panisse aventura que nos dous primeiros a denominación obedeza a que a forma deses peixes lembre á dun vélaro dun carneiro negro; no terceiro caso, supón un cambio caprichoso entre a orixe do seu nome común, cabracho (de cabra) a carneiro. Unha persoa groseira, bruta, un paifoco. Larva que se cría nas sementes dos legumes, especialmente nos chícharos e nas fabas . Onda que rompe no mar formando escuma por efecto do vento, en Cangas de Morrazo . Tamén recibe o nome de ovella.
Carneiro tamén forma parte na construción destas expresións: Pinchacarneiro, pinchacarneira, princhucarneiro, cucho carneiro: volta que se dá no aire impulsándose coas mans no chan. Rabo de carneiro: unha planta tamén coñecida como herba verrugueira, herba da disentería ou heliotropo maior (Heliotropium europaeum) Losada, Castro e Niño (1992)..
Locucións ¡Aí vai a ovella!: exclamación de desafío: non podedes connosco. Vén das chanzas que se cruzaban os malladores. Botar [algo] ó carneiro: renunciar a un obxectivo por crelo imposible, dar por fracasado un proxecto Eladio Rodríguez González.. Coma a ovella na boca do lobo: plenamente derrotado, vencido de vez; tamén, que dura pouco. Esa é a nai do año: destaca que un feito, unha idea é a verdadeira razón de ser, real e positiva, do que acontece Eladio Rodríguez González, s. v. nai.. Non é esa a nai do año: pola contra, esta fórmula destaca que un feito ou argumento non é a causa para facer ou deixar de facer algo. Utilízase para negar a veracidade das razóns que dá o interlocutor . Habe-lo demo có carneiro Inocente como un cordeiro: inocente. Ir por la e saír trasquiado Leva-la aña ou Leva-la ovella: ser o último nun traballo colectivo, quedar atrás, non esforzarse no traballo. Leva-la ovella ou Leva-la ovella ó río: dise de quen se sae coa súa. Levar carneiro ou Dar carneiro: suspender nun exame, fracasar nun proxecto. O dito procede da amoestación do cura na coresma ó fregués quen non sabe ben a doutrina "Pero pagounas ben Mariquiña. Cando n'aquel ano fumos â doutrina, qu'ela ben a sabia e er'ademais arriscada, o Crego doulle o carneiro" (ROMERO BLANCO Mariquiña e eu (citado polo Diccionario Gallego Castellano da RAG 1913).. Mete-las ovellas na horta: malmeter uns con outros, meter os cans na bouza En castelán, sembrar cizaña.. ¡Non é esa a nai do año!: expresión de negación das razóns que dá o interlocutor. ¡Non hai tales carneiros!: expresión que nega radicalmente o que se afirma ou se cre como certo. Non será como un boi, será como un año: forma de rexeitar, por esaxerado, o que alguén está a contar, rebaixando a magnitude do que di. Sangrar coma un carneiro: sangrar abundantemente. Tamén Sangrar coma carneiros Real Academia Galega 1913, Eladio Rodríguez González.. Ser coma unha ovella atada a unha silva: mostrar pouca disposición Victoria Cerviño Ferrín 2013.. Ser dócil como a la: ser bo de máis, acomodaticio. Ser máis manso que unha ovella: ser submiso e obediente, sen opinión propia. Ser un bo pé de roxelo: dise dun mozo atordoado ou mesmo mullereiro. Noriega Varela recolle andosco (año ata os dous anos de idade) co significado de pícaro, tunante, esmorgante. Ser un carneiro: obedece-las instrucións e ordes alleas sen apoñer ningunha obxección nin opinión propia . Teimoso como un carneiro: ser un testán. Ter ollos de carneiro mal morto: poñer unha expresión lastimeira, como para dar pena. Xiringoume con airiños de boa ovella: dise cando alguén nos engana con moi boas palabras e suavemente.
Refraneiro A abella i a ovella, en abril deixan a pelexa Eladio Rodríguez González, s. v. abella.. A carneiro estrano nono agasalles no teu rabaño Eladio Rodríguez González, s. v. carneiro.. A escapada da ovella mal será que non veña Eladio Rodríguez González, s. v. ovella.. A muller e a ovella, antes da noite na cortella. A muller e a ovella, con día á cortella. A muller e a ovella, con día na cortella Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. A muller e a ovella, de día na cortella. A ovella? con noite pra a cortella. A ovella do probe no maio morre . A ovella e a abella no maio deixan a pelexa. A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa. A ovella en Pascua Florida está lustrosa e parida. A ovella farta do rabo fai manta . Á ovella fraca non lle faltan carrachas . Á ovella fraca nunca lle falta sarna . A ovella i a abella, polo abril deixan a pelexa . A ovella louzana pídelle lan á cabra . Á ovella mansa, moitos años a maman . A pescada en xaneiro val por carneiro Lino Lema Bouzas, 2.. A raia en xaneiro sabe a carneiro. Á ruín ovella, a lan parece que lle pesa . A verdura en xaneiro sabe a carneiro Rubinos Conde 2013.. Abella e ovella, e pedra que trebella . Abril, a lan carda, e maio leva a fama Eladio Rodríguez González, s. v. abril.. Aínda que vista de la, non coides que son carneiro. Ano de abellas, ano de ovellas. Ano de ovellas, ano de abellas Eladio Rodríguez González, s. v. ano.Real Academia Galega (1913-1928), s. v. ano.. Ano seco tras do mollado, garda a lan e vende ó fiado . Anque visto de la non son ovella. As verzas por xaneiro saben a carneiro. Barbas que son parellas, non gardan ben as ovellas. Bebe do río por avolto que vaia; come carneiro, por caro que che saia; casa con doncela por anos que ela faga Eladio Rodríguez González, s. v. beber.. Ben parva é a ovella que co lobo se confesa . Ben vai a ovella coxa, coma o lobo non a colla . Cabras crían trampas e carneiros crían diñeiros. Cada carneiro, do seu pé colga . Cada ovella co seu fato . Cada ovella coa súa parella . Cada ovella quer a súa parella .