Contixe é un lugar da parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 56 habitantes (28 homes e 28 mulleres).
Xeografía Atópase situado a 8 quilómetros de Pontevedra e a 6 de Ponte Caldelas. Limita na parte norte e leste co lugar de Mirón, ao sur con Vilarchán e ao oeste co Salgueiral, lugar da parroquia de Bora (Pontevedra). Patrimonio
Capela de San Miguel, de orixe románica. Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de Caroi (Cerdedo Cotobade).
Cultura A festa de Contixe celébrase na primeira fin de semana do mes de maio.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Tourón
Parroquias de Ponte Caldelas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas
Categoría:Lugares de Ponte Caldelas