Kurayoshi (倉吉市, くらよしし, Kurayoshi-shi) é un concello da prefectura de Tottori no Xapón. Está situado no centro da prefectura, ao leste da área da provincia histórica de Hōki, na parte noroeste da rexión de Chugoku, na illa de Honshu. Ten 272,15 km² de superficie, unha poboación de 51.021 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 187 hab./km².

A cidade de Kurayoshi foi fundada pola fusión de 2 concellos de vilas e 7 concellos de aldeas do distrito de Tōhaku no ano 1953.

O concello de Kurayoshi limita cos concellos de Kōfu, Kotoura, Hokuei, Yurihama, Misasa (que son da prefectura de Tottori); e Maniwa (este último é da prefectura de Okayama).

Cidades irmandadas Naju.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kurayoshi .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Tottori Categoría:Rexión de San'in